Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola de pais. Xornadas de psicoloxía familiar

As xornadas centraranse en aspectos relacionados co desenvolvemento evolutivo infantil, comezando polas idades máis temperás, relacionadas coa educación, o crecemento e a relación entre pais/nais e fillos.

A quen vai dirixido?:

Pais e nais.

Cando:

Dende o 10/10/2013 ás 18:30 ata o 08/05/2014 ás 20:00 , os xoves

Xa rematou

Horario:

de 18.30 a 20.00 h.

8 sesións: 10 de outubro, 14 de novembro, 12 de decembro de 2013, 9 de xaneiro de 2014, 13 de febreiro, 13 de marzo, 10 de abril e 8 de maio.

Duración:

Hora e media

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento.

Documentos:

folleto-bebescena.pdf (3 MB)

Imparte: Lucía Cuevas (psicóloga e psicoterapeuta clínica).

 Algunhas das temáticas para desenvolver son:

- AFECTO E AUTORIDADE: O papel do afecto no desenvolvemento humano. Conxugar a construción de vínculos afectivos seguros co manexo da autoridade. O apego e as necesidades dos bebés durante os primeiros anos de vida.

- CANDO A EMOCIÓN DOMINA A RAZÓN: Educando as emocións, aspectos relativos ao crecemento, a educación e a aprendizaxe dos nenos de 2 a 3 anos.

- MEDOS INFANTÍS: abordaxe dos medos infantís, ferramentas narrativas para combater o medo, o medo e a timidez, os camiños do medo.

- CELOS E ENVEXA: a chegada dun irmán, o príncipe destronado, aprendendo a compartir.

- HABILIDADES SOCIAIS: autoestima, empatía, a importancia de sentirse pertencente a un grupo.

- DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE.

- TENSIÓN INFANTIL: factores que inflúen nos problemas de sono. A depresión na infancia.

- CRECENDO SANS: a chegada da adolescencia. A ditadura do silencio. Abordaxe das principais preocupacións dos pais/nais que conviven cun fillo adolescente.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión