Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola de pais. 5ª Xornada de Psicoloxía Familiar

As xornadas centraranse en aspectos do desenvolvemento evolutivo infantil, relacionadas coa educación, o crecemento e a relación entre pais/nais e fillos. Nesta quinta sesión preténdense asentar as bases xerais do desenvolvemento evolutivo infantil entre os seis e doce anos de idade.

A quen vai dirixido?:

Pais e nais

Cando:

13/02/2014, de 18:30 a 20:00

Xa rematou

Horario:

De 18.30 a 20.00 h.

Duración:

Hora e media

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Imparte: Lucía Cuevas (psicóloga e psicoterapeuta clínica).

"Non hai pais perfectos”.

Ao finalizar a sesión entregarase material (publicación) que poida ilustrar e/ou completar os aspectos abordados na aula. O último día facilitarase un dossier con bibliografía específica de consulta.

Cada sesión de “Escola de pais” progresa apoiándose nos aspectos abordados anteriormente, por ese motivo, recoméndase continuidade na asistencia.

Contidos:

- Etapa de latencia.

- Necesidade de repouso para consolidar o aprendido.

- Preparando o camiño para a adolescencia.

- A adolescencia.

- Conflitivas necesarias.

- Abordaxe dos problemas de convivencia con adolescentes: ditadura do silencio.

- Inquietudes de aprendizaxe, fame de coñecemento e oposición ás normas.

- Posibles complicacións ou dificultades desta etapa: complexos, acoso, problemas de alimentación, influencia da publicidade, adiccións con ou sen sustancia, relacións afectivas...

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión