Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola de pais. 1ª Xornada de Psicoloxía Familiar

As xornadas centraranse en aspectos do desenvolvemento evolutivo infantil, relacionadas coa educación, o crecemento e a relación entre pais/nais e fillos. Nesta primeira sesión preténdense asentar as bases xerais do desenvolvemento evolutivo infantil.

A quen vai dirixido?:

Pais e nais.

Cando:

10/10/2013, de 18:30 a 20:00

Xa rematou

Horario:

De 18.30 a 20.00 h.

Duración:

Hora e media

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Imparte: Lucía Cuevas (psicóloga e psicoterapeuta clínica).

“O crecemento é un camiño con momentos amables e dolorosos, sen momentos de frustración ou ausencia o pensamento non existe”.

Intentaranse aclarar conceptos básicos para comprender a maduración e o crecemento, xa que en moitas ocasións estes termos resultan imprecisos e abstractos: identidade, vínculo, autoestima, medos, capacidade reflexiva, empatía, competencia social, apego, tolerancia á frustración, patoloxía, saúde, causas ambientais, factores xenéticos, resiliencia…

Para identificar con maior rigor os conceptos, visualizaranse, a modo de exemplo, unha serie de vídeos e curtametraxes que permiten asentar as bases do un modelo educativo baseado no vínculo entre pais/nais e fillos. Un modelo que teña en consideración as etapas propias de desenvolvemento e descanse sobre os piares que cimentan a seguridade persoal e a saúde mental.

Ao finalizar a sesión entregarase material (publicación) que poida ilustrar e/ou completar os aspectos abordados na aula.

Cada sesión de “Escola de pais” progresa apoiándose nos aspectos abordados anteriormente, por ese motivo, recoméndase continuidade na asistencia.

Contidos:

- Premisas xerais sobre o crecemento emocional infantil.

- Importancia da infancia como reflexo da idade adulta.

- Sufrimento psíquico, abusos e rendemento escolar.

- Fronteiras permeables, cando unha conduta se converte nunha patoloxía. Aprender a diferenciar entre saúde e patoloxía.

- Piares básicos da saúde mental.

- A armadura que nos protexe limítase.

- O eterno debate entre ambiente ou xenética.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión