Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola de pais. 3ª Xornada de Psicoloxía Familiar

As xornadas centraranse en aspectos do desenvolvemento evolutivo infantil, relacionadas coa educación, o crecemento e a relación entre pais/nais e fillos. Nesta terceira sesión preténdense asentar as bases xerais do desenvolvemento evolutivo infantil entre o primeiro ano de vida (ano e medio) ata os tres anos de idade.

A quen vai dirixido?:

Pais e nais

Cando:

19/12/2013, de 18:30 a 20:00

Xa rematou

Horario:

De 18.30 a 20.00 h.

Duración:

Hora e media

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Imparte: Lucía Cuevas (psicóloga e psicoterapeuta clínica).

“Sen intervalos de quietude non pode captarse o movemento, sen dixestión, o alimento non alcanza a nutrir”.

Os contidos abordaranse dende diferentes perspectivas. Dende a figura do bebé, aclararanse as funcións básicas que ha de ir desenvolvendo o menor e dende o punto de vista dos pais/coidadores, concretaranse os labores de apoio fundamentais.

Nesta etapa, que os pais/coidadores establezan límites e normas é un dereito que deben ter todos os nenos/as, os momentos de frustración alternados con períodos de satisfacción abren o camiño da reflexión, outorgan seguridade e preparan o terreo que facilitará a creatividade e a aprendizaxe. Remataremos analizando as dificultades ou fallas que podemos atopar así como o seu reflexo na idade adulta.

Para identificar con maior rigor os conceptos, visualizaranse, a modo de exemplo, unha serie de vídeos e curtametraxes que permiten asentar as bases dun modelo educativo baseado no vínculo entre pais/nais e fillos. Un modelo que teña en consideración as etapas propias de desenvolvemento e descanse sobre os piares que cimentan a seguridade persoal e a saúde mental. 

Ao finalizar a sesión entregarase material (publicación) que poida ilustrar e/ou completar os aspectos abordados na aula. O último día facilitarase un dossier con bibliografía específica de consulta.

Cada sesión de “Escola de pais” progresa apoiándose nos aspectos abordados anteriormente, por ese motivo, recoméndase continuidade na asistencia.

Contidos:

- Do primeiro ao terceiro ano de vida.

- O camiño da dependencia absoluta á dependencia relativa.

- O vínculo como factor de protección na infancia.

- A resiliencia.

- A propia estima.

- O arduo traballo de bebé: a ambivalencia afectiva, para teimudo eu, necesidade de autonomía, a doma emocional, establecendo normas e límites.

- O labor dos pais/coidadores: estratexias que facilitan e acompañan o crecemento. Impulsando a exploración do medio. Alternancia de momentos de gratificación e ausencia.

- Adiantándonos ás posibles complicacións ou dificultades desta etapa.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión