Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Programa de Lecer Outono 2015 - Fórum

Convocatoria da nova tempada de outono do Programa de Lecer que se oferta no Fórum Metropolitano. CONSULTE NO ARQUIVO ADXUNTO A LISTAXE DE OBRADOIROS CON PRAZAS LIBRES. INSCRICIÓN DIRECTA NA CONSERXERÍA DO FÓRUM

A quen vai dirixido?:

Público en xeral.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/09/2015 ata o 30/09/2015

Xa rematou

Duración:

De outubro a decembro de 2015.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

30 € por obradoiro (maiores de 65: 21 €).

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa de lecer Outono 2015 (592 KB)

Talleres con prazas libres (27 KB)

O Programa de lecer que se oferta no Fórum Metropolitano ten por obxecto dar alternativas ao tempo libre dos cidadáns levando a cabo propostas innovadoras con actividades que, por unha banda, fomenten a formación da cidadanía con accións culturalmente enriquecedoras utilizando a cidade e todos os recursos que ésta nos ofrece, incrementando a demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade, e, por último, fomentar a convivencia e a sociabilidade das persoas participantes.

Poden consultar a oferta de obradoiros no arquivo pdf que se adxunta.

Os pasos a dar para poder participar son os seguintes:

- 7, 8 e 9 de setembro --> Preinscrición, que se poderá realizar de dúas formas:

  • Na conserxería do Fórum Metropolitano, de 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
  • Telemática, tal e como se indica a continuación, entre o 7 de setembro ás 9:00 h. e o 9 de setembro ás 20:00 h.

PASOS A SEGUIR NA INSCRICIÓN TELEMÁTICA

1. Descargar o arquivo excel que se adxunta.

2. Cubrir unha ficha por participante e completar unicamente os campos resaltados en amarelo, seguindo as instrucións que se achegan na propia ficha.

3. Unha vez cubertos os campos obrigatorios, GARDAR os cambios antes de pechar o documento. Poñer como nome do arquivo o nome completo do participante preinscrito e envialo por correo electrónico á seguinte dirección: forumocio@coruna.es

Se varias persoas desexan preinscribirse xuntas para obter números correlativos de cara ao sorteo, deberán mandar unha ficha por persoa pero todas xuntas nun único correo, sen esquecerse de achegalas todas.

NOTA: Todas as preinscricións que non estean debidamente cubertas non serán tramitadas, e todos os correos enviados antes ou despois dos días e horas indicados, tamén se considerarán fóra de prazo. Do mesmo xeito, non envíe máis dun correo e dunha ficha por persoa, xa que as solicitudes duplicadas non serán tramitadas.

4. Nun prazo non superior a 24 horas seralles enviado un correo electrónico á conta que vostedes utilicen para contactar connosco, no que se lles comunicará o número de preinscrición adxudicado. Se pasadas esas 24 horas (nunca antes) non recibiron contestación, por favor póñanse en contacto co persoal responsable nos centros. Non borren os correos enviados ante posibles contratempos que se poidan producir co fin de solucionar problemas que poidan xurdir.


- 10 de setembro ás 12:00 h. --> Sorteo, na conserxería do Fórum. NÚMERO DE SORTEO: 876.

- 14 de setembro --> Publicación de listaxes no Fórum, en internet e no 010.

- 14, 15 e 16 de setembro --> Inscrición e pago.

- 17 e 18 de setembro --> Chamarase ás persoas en lista de espera.

- 21 e 22 de setembro --> Formalización da inscrición polas persoas avisadas da lista de espera.

- A partir do 23 de setembro --> Inscrición libre en obradoiros con prazas vacantes.

- Inicio dos obradoiros e dos clubs: a partir do luns 28 de setembro.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión