As actividades e liñas de actuación en materias de rehabilitación urbana teñen como obxecto a posta en valor e en uso de elementos da trama urbana e do parque inmobiliario que quedan obsoletos, degradados ou infrautilizados.
Nos últimos anos o Concello da Coruña impulsou a rehabilitación de inmobles mediante a concesión de subvencións tanto en áreas declaradas como de rehabilitación integral como no resto do municipio. Á vez coordináronse con actuacións de reurbanización urbana encamiñadas a dinamizar distintas zonas da cidade. De entre elas pódense destacar as actuacións levadas a cabo en áreas como a Sagrada Familia, Birloque, Palavea, Mariñeiros, Fernández Latorre ou Vivendas Virxe do Carme.
Na actualidade, desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación tramitamos todos os expedientes de subvencións nas distintas áreas de rehabilitación declaradas, así como en edificios de máis de 50 anos e edificios catalogados. Estas axudas comprenden actuacións en elementos comúns, habitabilidade das vivendas, reforma de locais en áreas de rehabilitación e urbanización dos espazos públicos.
Tamén se efectúan actuacións puntuais sobre necesidades relacionadas coa vivenda na cidade da Coruña, reforma e rehabilitación de patrimonio municipal así como xestión das vivendas municipais en réxime de arrendamento.
Así mesmo no actual parque inmobiliario existen moitos inmobles que carecen dos servizos básicos de accesibilidade, e é particularmente importante a falta de dotación do servizo de ascensor. É por iso que as distintas administracións non son alleas a esta realidade e queda reflectida a súa crecente implicación no fomento de favorecer as obras que implican mellora da accesibilidade facendo especial mención a aqueles casos nos que se ven implicadas as persoas maiores ou discapacitadas.
Desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación non somos alleos a esta realidade e por iso se fomenta a instalación de ascensores mediante subvencións específicas para a súa instalación ou adaptación á normativa vixente.
O 20/05/2024 finaliza o prazo de presentación do IAE para todos os inmobles que na data 12/04/2022 estivesen catalogados ou tivesen máis de 50 anos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible