Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Infantil
24/04/2024
Ya ha finalizado
Desde el 17/04/2024 hasta el 24/04/2024
Require inscrición
De 18.30 h. a 20.00 h.
1,5 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O mércores 24 de abril ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos un novo obradoiro do programa SomosPro, dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Coñecedes a obra "Coraline" de Neil Gaiman? Coraline é unha nena de 12 anos aventureira, curiosa e creativa. Ten forza, carácter e valentía aínda que tamén é algo solitaria.
Henry Selick converteu a obra na película de animación "Os mundos de Coraline", considerada a primeira produción en 3D estereoscópico realizada en animación stop-motion, unha técnica cinematográfica que consiste en animar un personaxe, imaxe a imaxe, con pequenos movementos que imos fotografando, para logo unilos todos xerando unha secuencia de movemento.
Queredes convertervos en animadores e crear a vosa propia película en stop motion?
Aproveitarase para sensibilizar o papel das mulleres na ciencia e fomentar a eliminación de estereotipos relacionados coas letras e as ciencias achegándonos ás figuras das directoras e animadoras Emily Collins e Hayley Morris.
Actividade con inscrición previa.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible