Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XV Certame de Cinema Internacional Escolar Ouff Escola

O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como obxectivo impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/07/2024

Requisitos:

  • Poderán participar centros educativos públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2023-2024, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan materias en lingua galega. A participación realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto.
  • Estabelécense dúas categorías de participación:
    • A) Infantil e primaria
    • B) Outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son)
  • Todos os traballos estarán en lingua galega.
  • Deberán ser orixinais ou adaptacións, non comercializados e non presentados con anterioridade a este certame.
  • Modalidades: ficción, documental e animación.
  • Duración: até 20 minutos, créditos incluídos. 
  • A temática será libre.
  • Quedarán excluídos aqueles traballos que inciten ao racismo, xenofobia, homofobia e calquera tipo de violencia, así como os que atenten contra a dignidade da persoa.
  • Todo o proceso de creación da película (interpretación, dirección e guión) deberá ser realizado polo alumnado ou membros da comunidade escolar.

Remuneración / Dotación:

Outorgaranse os seguintes premios tanto para a Categoría A como para a Categoría B:

  • 1.º Premio: 600 € para o centro educativo.
  • 2.º Premio: 400 € para o centro educativo.
  • 3.º Premio: 200 € para o centro educativo.
  • Premio Blanco Amor ao Mellor Guión:300 € para o centro educativo.

Páxina web:

www.lingua.gal

Contacto:

Concellería de Educación do Concello de Ourense

Praza San Martiño, 2 (32005 - Ourense)

Tel.: 988 388 136 

correo-e: ani.cacabelos@ourense.es

https://educacionourense.com

Documentos:

Bases completas .pdf (75 KB)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión