A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2024/25.
Para público en xeral
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
64€
ACCESO DIRECTO:
Poderán acceder directamente a estes estudos as persoas que estan en posesión dalgún dos títulos de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño. Deberán formalizar igualmente a súa inscrición. No caso de que de estar pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación final de ciclo, poderá igualmente formalizar a súa inscrición, e deberá presentar a certificación de ter solicitado o título para formalizar a matrícula. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 20%.
ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA:
Para o acceso aos estudos superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de bacharel, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, e superar a correspondente proba específica, na cal se valorará a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 80%.
As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse na proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación de prazas unha vez estean en posesión da títulación.
ACCESO MEDIANTE PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN + PROBA ESPECÍFICA:
Poderán acceder á proba substitutiva de titulación as persoas que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente e cumpran os 18 anos no 2024. As persoas que superen esta 1ª proba deberán superar tamén a proba específica.
MÁIS INFORMACIÓN:
Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia
Na Coruña: EASD Pablo Picasso
R/ Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña
Tel.: 981 225 396 escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
Publicación: DOG 25/04/2024
OFERTA ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO EN GALICIA
A CORUÑA |
EASD PABLO PICASSO R/ Os Pelamios, s/n. 15001- A CORUÑA Tel. 981 225 396 |
|
EASD MESTRE MATEO R/ Virxe da Cerca, 32. 15706- SANTIAGO Tel. 981 587 757 |
||
LUGO |
EASD RAMÓN FALCÓN R/ Paseo dos estudantes, s/n. 27002- LUGO Tel. 982 220 790 |
|
OURESNE |
EASD ANTONIO FAILDE Avda. da Universidade, 18. 32005- OURENSE Tel. 988 238 365 |
INSCRICIÓN NAS PROBAS
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías das escolas.
Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude, xunto coa documentación requirida, nas secretarías dos centros sinalados na súa solicitude de inscrición como primeira opción para cursar os estudos.
Na solicitude deberanse indicar, por orde de preferencia, as especialidades que se desexan cursar así como a escola en que as desexan cursar. Poderanse solicitar un máximo de catro opcións. Igualmente deberán indicar na solicitude a escola de arte e superior de deseño de Galicia en que desexan realizar as probas específicas.
a) persoas aspirantes que realicen as probas substitutivas de bacharelato: |
b) persoas aspirantes que non realicen as probas substitutivas de bacharelato: |
|
|
PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN
A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. As materias da proba son:
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501
* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.
PROBA ESPECÍFICA
A proba específica constará de dúas partes:
1ª) Primeira parte:
Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.
Nesta parte da proba, o tribunal valorará:
2ª) Segunda parte:
Durante un máximo de 4 horas, realizarán 2 exercicios de debuxo:
Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.
A cualificación global da proba de acceso específica ás ensinanzas superiores de Deseño expresarase en termos numéricos nunha escala de 0 a 10, con dous decimais. A cualificación final da proba específica de acceso será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada unha das súas partes, expresada con dous decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN:
* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.
As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 5 de xullo de 2024 nas 4 EASD, de acordo co seguinte horario:
* Para optar ao itinerario de Xoiaría e complementos da especialidade Produto deberá superarse unha entrevista coas empresas, estudos ou obradoiros do sector da xoiaría e os complementos. O lugar de realización, a data e a hora desta será publicada en www.edu.xunta.gal e nos taboleiros de anuncios dos centros educativos.
- 10 de xullo: publicación das cualificacións provisionais obtidas.
- 11 e 12 de xullo: reclamación, na secretaría da EASD correspondente.
- 16 de xullo: publicación cualificacións definitivas.
Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible