Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Lingua de namorar 2024

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega "Lingua de namorar", que ten como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 01/04/2024

Requisitos:

  • Lingua de namorar é un concurso dirixido a toda a mocidade con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos. Establécense tres categorías de idade:
    • Categoría A: de 14 a 19 anos
    • Categoría B: de 20 a 35 anos
    • Categoría C (exclusiva para Instagram): de 14 a 35 anos
  • Cada participante poderá enviar ata un máximo de 2 mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.
  • As mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso.
  • Todas as mensaxes deberán ser inéditas. A organización do concurso desbotará aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo. 

Remuneración / Dotación:

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:

  • 1º premio: Patinete eléctrico
  • 2º premio: Altofalante bluetooth JBL
  • 3º premio: Cascos sen fíos 

Establécese un único premio pola categoría C:

  • Patinete eléctrico

Páxina web:

http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Edificio de Emprego, baixo - Edif. Adm. San Lázaro (15707 - Santiago de Compostela)

correo-e: xuventude@xunta.es

Procedemento de participación:

  • No caso das categorías A e B: para poder enviar as mensaxes cumprirá rexistrarse na web do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar cubrindo e enviando o formulario de inscrición. 
  • No caso da categoría C (exclusiva para Instagram): cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega. As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadirase o cancelo #LinguaDeNamorar. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión