Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas comedor curso 2024/2025

O Concello da Coruña convoca bolsas de comedor para o curso escolar 2024/2025 destinadas ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado nos centros educativos do mesmo termo municipal que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/05/2024

Requisitos:

  • Alumnado dos centros escolares nos que se imparta 2º ciclo de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e estean autorizados pola Consellería competente para a prestación do servizo de comedor escolar.
  • Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.
  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña.
  • Matrícula, ou solicitude de matrícula dentro do prazo establecido pola Consellería competente, nun centro educativo do termo municipal da Coruña que conte con servizo de comedor autorizado.
  • Non superar os 8.000 euros anuais de ingresos per cápita da unidade familiar nuclear. Non se esixirá este requisito no caso de menores en réxime de acollemento familiar, que estean tutelados por unha institución pública ou que formen parte dun programa de inclusión e transición á vida autónoma da rede municipal de acollida.
  • Atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Remuneración / Custo:

  • A contía da bolsa cubrirá a totalidade do custo do servizo do comedor nos centros públicos de 2º ciclo de educación infantil e primaria, nos institutos de ensino secundario e de formación profesional ou nos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos.
  • A contía da bolsa será de 80€/mes nos centros privados e/ou concertados. Será por conta das persoas beneficiarias facer fronte á diferenza que exista entre a axuda concedida e o prezo do servizo. Este importe poderá incrementarse ata 98 €/mes nos seguintes casos:
    • - A proposta do persoal técnico dos servizos sociais municipais mediante informe que así o xustifique.
    • - No caso de persoas beneficiarias tuteladas por unha institución pública, que se achen en réxime de acollemento familiar ou menores que formen parte dun programa de inclusión e transición á vida autónoma da rede municipal de acollida

Páxina web:

www.coruna.gal/servizossociais

Contacto:

- Concello da Coruña

Tel.:  010 / 981 184 200

- Rede de Centros Cívicos Municipais

Publicación: BOP 16/04/2024 (extracto da convocatoria)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 752512

Documentos:

Bases da convocatoria .pdf (942 KB)

SOLICITUDE:

  • Realizarase a nome da persoa beneficiaria (alumna/ou), debendo asinar a solicitude a persoa que represente legalmente á alumna ou alumno, no caso de que sexa menor de idade.
  • Poderá presentarse nos rexistros municipais (María Pita, Fórum Metropolitano e/ou Ágora), no rexistro telemático da sede electrónica https://sede.coruna.gal, así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse as seguintes sesións informativas

  • 24 de abril ás 18.00 h. no Centro Cívico Os Mallos
  • 25 de abril ás 20.00 h. no Centro Cívico de Mesoiro
  • 26 de abril ás 11.30 h. no Centro Cívico de Monte Alto
  • 30 de abril ás 10.30 h. no Centro Cívico de San Diego

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión