Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas “Programa de Iniciación na Empresa 2024/1” da Fundación SEPI

A Fundación SEPI convoca as bolsas do Programa de Iniciación na Empresa 2024/1, co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas novas, universitarias ou de grao superior de formación profesional, sen experiencia profesional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 28/04/2024

Duración:

6 meses, con posibilidade de prórroga por outro período de 6 meses

Requisitos:

  • Concluír os estudos necesarios para a obtención dun título universitario ou superior de formación profesional nalgún centro docente español recoñecido oficialmente, apto para desempeñar tarefas de acordo coas prazas ofertadas polas empresas e institucións colaboradoras do Programa. Os títulos obtidos fóra de España serán admitidos a condición de que estean homologados ou conten coa declaración de equivalencia outorgada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. Poderán tamén presentar a súa candidatura e optar ás bolsas convocadas acódelas estudantes universitarias que teñan, como máximo, 30 créditos ECTS pendentes de aprobar, antes da data de incorporación á bolsa. A relación de titulacións aptas para poder acceder ás bolsas do Programa poden consultarse na web www.fundacionsepi.es/becas/inic2024/titulacións.asp
  • Concluír os estudos necesarios para a obtención do título de que se trate desde o 1 de xaneiro de 2022
  • Nacer a partir do 1 de xuño de 1994
  • Non desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea
  • Estar disposto ou disposta a fixar a residencia no lugar onde vaia a recibir a súa formación práctica
  • Non ser beneficiario/a de algún programa de bolsas da Fundación SEPI.

Remuneración / Dotación:

  • Asignación económica mensual de 1000 €, para as persoas beneficiarias que sexan tituladas universitarias.
  • Asignación económica mensual de 900 €, para as persoas beneficiarias que sexan técnicas superiores de formación profesional.

No caso de que o bolseiro ou a bolseira desenvolver a súa práctica formativa no estranxeiro, estas cantidades poderán verse incrementadas nun importe para determinar pola empresa ou institución colaboradora, en función do país de destino da bolsa.

Páxina web:

https://fundacionsepi.es/bolsas

Contacto:

Fundación SEPI

Avenida de Burgos, 8B - 14ª planta (28036 - Madrid)

tel.: 91 548 83 55

correo-e: becas@fundacionsepi.es

A formación práctica dos bolseiros e bolseiras do Programa poderá levar a cabo en calquera dos centros das empresas ou entidades que participan con este Programa.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión