Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de Subvención para Entidades Deportivas 2024

ANUNCIO

A Concellaría de Deportes do Concello da Coruña publicou, por resolución de data 17 de abril de 2024 do Terceiro tenente de alcaldesa e concelleiro delegado responsable da Área de Fomento e Promoción da Ciudade  por delegación da Xunta de Goberno Local, a convocatoria das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para o fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas no Concello da Coruña para o ano 2024.

O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de A Coruña nº 80, de 24 de abril de 2024, coa seguinte referencia:

Ref. 211/2023/866 Convocatoria Deportes - BDNS(Identif.): 755583. O enlace público de consulta é:

O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP, é dicir, do 25 de abril ao 14 de maio de 2024, ambos incluídos.

As solicitudes se deberán presentar obrigatoriamente na sede electrónica do Concello da Coruña, na cal poderá consultar os ANEXOS a presentar:

https://sede.coruna.gal/sede/es/tramites-y-servicios-electronicos/guia-de-procedimientos-y-servicios/detalle-de-procedimientos/subvenciones-para-entidades-deportivas/contenido/1453753527299?argIdioma=es

O anuncio do BOP pódese consultar no seguinte enlace:

Ao pé de paxina pode descargar todos os documentos desta convocatoria.

Documentos relacionados

  • ANUNCIO - Convocatoria de Subvención para Entidades Deportivas 2024 (150 KB)
  • BASES - Convocatoria de Subvención para Entidades Deportivas 2024 (527 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión