Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria do 4.º trimestre de 2023

Cursos de Iniciación ao Golf - 4.º trimestre de 2023

20 de setembro - Listaxes da adxudicación de prazas

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas:

18 de setembro - sorteo da letra

Pode seguir o sorteo da letra na seguinte ligazón:

A letra elixida foi o "R"

15 de setembro - listaxes definitivas de solicitantes

Publícanse as listaxes provisionais definitivas de solicitantes:

12 de setembro - listaxes provisionais

Publícanse as listaxes provisionais de solicitantes ao Curso de Iniciación ao Golf 4.º trimesre

4 de setembro - presentación de solicitudes

  • Presentación de solicitudes: as solicitudes poderanse presentar, a través do formulario indicado a continuación, do 4 ao 10 de setembro de 2023, ambos incluídos; o prazo finaliza ás 23.59 h do día 10 de setembro.

FORMULARIO DE SOLICITUDES - Cursos Municipais de Golf - 4.º trimestre

  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase a partir do día 12 de setembro de 2023 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes/gl e nos taboleiros de anuncios do propio Campo Municipal de Golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e o Palacio de Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións. O prazo será de 2 días naturais (13 e 14 de setembro). Estas presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules, en horario de 09.00 a 22.00 h.

O prazo remata o día 14 de setembro

  • Listaxe definitiva de solicitantes: publicarase o día 15 de setembro.
  • Sorteo público: terá lugar o 18 de setembro as 10.00 h.nas oficinas do Palacio Municipal de Deportes de Riazor. Sacarase unha letra de maneira aleatoria que establecerá o corte do primeiro apelido a través da páxina web https://echaloasuerte.com/..
  • Listaxe de persoas admitidas: publicarase a partir do 20 de setembro de 2023.
  • Matrícula das persoas admitidas: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 21 ao 27 de setembro de 2023
  • Xestión da lista de espera: 28-29 de setembro de 2023

Nota: terán prioridade aquelas persoas que non participasen con anterioridade en ningún Curso de Iniciación ao Golf no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.

Infantil: de 6 a 11 anos

Xuvenil: de 12 a 16 anos

Persoas adultas: de 17 anos en diante

CURSOS DE INICIACIÓN OFERTADOS

FRANXA DE  IDADE DÍAS HORARIO PRAZAS
PERSOAS ADULTAS LUNS E XOVES 09:30-10:30 8
LUNS E XOVES 10:30-11:30 8
LUNS E XOVES 11:30-12:30 8
LUNS E XOVES 19:30-20:30 8
LUNS E XOVES 20:30-21:30 8
MARTES E VENRES 09:30-10:30 8
MARTES E VENRES 10:30-11:30 8
MARTES E VENRES 11:30-12:30 8
MARTES E VENRES 19:30-20:30 8
MARTES E VENRES 20:30-21:30 8
SÁBADOS E DOMINGOS 09-30:10-30 8
SÁBADOS E DOMINGOS 10:30-11:30 8
XUVENIL LUNS E XOVES 18:00-19:00 8
MARTES E VENRES 18:00-19:00 8
SÁBADOS E DOMINGOS 11:30-12:30 8
INFANTIL LUNS E XOVES 17:00-18:00 8
MARTES E VENRES 17:00-18:00 8
SÁBADOS E DOMINGOS 12:30-13:30 8

As datas de inicio e finalización dos cursos son as seguintes:

Luns e xoves          Comezo o 2 de outubro      Finalización o 18 de decembro

Martes e venres         Comezo o 3 de outubro      Finalización o 15 de decembro

Sábados e domingos     Comezo o 7 de outubro      Finalización o 16 de decembro 

TAXAS

Menores: 28,94 €

Persoas adultas: 48,22 €

Documentos relacionados

  • Listaxe da adxudicación de prazas por orde de curso (246 KB)
  • Definitivo solicitantes por orde alfabética (235 KB)
  • Definitivo solicitantes por orde por curso (225 KB)
  • Definitivo solicitantes descartados/as (198 KB)
  • Convocatoira 4º Trimestre 2023 - Cuross de Iniciacion ao Golf (173 KB)
  • Basees cursos de golf 2023 (305 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión