Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Potiche" de François Ozon

Unha comedia sobre poder, burguesía e familia.

Cando:

Os días 21/06/2014, 20/06/2014, 19/06/2014

Xa rematou

Horario:

Funcións: xoves 19: 20.15 h, venres 20: 20.15 e 22.45 h e sábado 21: 17.15 e 20.15 h.

 

 

 

 


Duración:

103 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 2 euros)

Sesións do espectador: venres 22.45 h e sábado 17.15 h (prezo único: 1.50 euros)

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programación xuño - Sala Marilyn Monroe (2 MB)

Sainte-Gudule, norte de Francia, 1977. Suzanne é unha muller consagrada ao seu fogar e a súa familia, e sometida ao acomodado industrial Robert Pujol. Robert dirixe con man de ferro a súa fábrica de paraugas e ten un comportamento desagradable e déspota tanto cos obreiros como cos seus fillos e con Suzanne, á que considera tan só unha muller floreiro. Despois dunha folga e do secuestro do seu marido, ela ten que asumir a dirección da empresa e, para sorpresa de todos, revélase como unha muller intelixente, capacitada e decidida. Pero cando Robert volve á casa, en plena forma despois dunha cura de repouso, a situación complícase. Todo iso, nunha deliciosa clave de humor.

Francia, 2011- 103 min

VOS en castelán

TODOS OS PÚBLICOS

Formato: 35 mm

Funcións: xoves 19: 20.15 h, venres 20: 20.15 e 22.45 h e sábado 21: 17.15 e 20.15 h.

Entradas: 3 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 2 euros).

Sesións do espectador: venres 22.45 e sábado 17.15 h. Prezo único: 1.50 euros.

Venda de entradas: en despacho de entradas dende media hora antes.

Venda anticipada: no ambigú, de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 20.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión