Concello da Coruña

Concello da Coruña

Luar na Lubre. Luar na Lubre XX. Encrucillada

Luar na Lubre presenta o seu traballo discográfico ‘Luar na Lubre XX. Encrucillada’

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/01/2024

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 23,00 €

Palco: 18,00 €

Principal: 15,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas. Desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplícanse logo da presentación previa do documento que acredita o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Luar na Lubre, o grupo máis internacional do folk en Galicia, presenta as cancións do seu novo traballo 'Luar na Lubre XX. Encrucillada', editado en formato libro-disco, que recolle algúns dos temas máis emblemáticos do seu amplo repertorio, coa participación de diferentes voces que pasaron polo grupo, ademais dunha cronoloxía fotográfica e literaria da súa dilatada historia, cos testemuños de máis de 60 personalidades da música, a literatura e o xornalismo.

Nos seus 37 anos de andaina musical, Luar na Lubre vendeu máis de 350.000 exemplares e recibiu dous Discos de Ouro, 9 Premios da Música e outros recoñecementos, dentro e fóra de Galicia. Luar na Lubre ofreceu máis de 2.000 concertos en máis de 40 países, onde participou en festivais destacados da música folk, nos que actuou xunto a artistas internacionais, como Mike Oldfield, The Waterboys, o lendario grupo The Corrs ou Bob Geldof e españois, como Víctor Manuel, Miguel Ríos, Luz Casal, Ismael Serrano, Pedro Guerra ou Diana Navarro.

O grupo fundouse na cidade da Coruña (Galicia) en 1986 coa vocación de interpretar, desenvolver e divulgar a música e a cultura galega. O seu repertorio está baseado fundamentalmente nas músicas de raíz, dende o respecto, pero con perspectiva de modernidade.

Está formado por Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña), Irma Macías (voz), Nuria Naya (violín), Patxi Bermúdez (bodhran, tambor), Pedro Valero (guitarra acústica), Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos), Xan Cerqueiro (frautas) e Brais Maceiras (acordeón).

'Luar na Lubre XX. Encrucillada', que será o último traballo en formato físico, ten carácter recompilatorio, contén temas icónicos de todos os tempos que foron reinterpretados con novas versións e con voces tan destacadas como Pablo Milanés, SÉS e Rosa Cedrón, entre outras.

O seu traballo número 20, editado por Baía Edicións e o CD por Warner Music, festexa un simbólico 'encontro de camiños'. Un emotivo e importante momento histórico a través dunha recompilación de músicas, relatos, fotografías e diverso material, para entender o que significa Luar na Lubre, que vai camiño de cumprir 40 anos de traxectoria.

Este álbum contén un tema moi especial para a banda galega. Trátase da canción 'El largo Camino de Santiago', que compuxo e gravou o cantautor cubano Pablo Milanés antes do seu falecemento, unha das xoias deste traballo. Trátase dunha composición extraordinaria, con letra e voz do cantautor cubano, inspirada na música celta e no seu amor á súa esposa Nancy Pérez. E a canción 'Canto de andar' con novos arranxos, conta coa colaboración de Rosa Cedrón, que foi vocalista do grupo (1997 a 2005). Trátase dunha composición de Bieito Romero, inspirada en antigos cantos tradicionais, que fala das cousas que realmente importan: "as cousas sinxelas do día a día".

Nada menos que nove voces femininas participaron na gravación de 'Romeiro ao lonxe', unha melodía tradicional inglesa que Luar na Lubre adaptou con letra do mestre Xulio Cuba. As voces de Rosa Cedrón, Paula Rey, Sara Vidal, Marisa Valle Roso, SÉS, Irene Sánchez (Filandera), Anna Espinosa, Irene Cerqueiro e a actual voz do grupo, Irma Macías, achegan unha nova sonoridade, con diferentes texturas, a esta canción que tamén se presenta nun videoclip con imaxes espectaculares de paisaxes de Galicia.

Este traballo conta co apoio da Xunta de Galicia, dentro do Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020, e financiado pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte das respostas da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

VENDA DE LOCALIDADES

Venda en liña: ataquilla.com

Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente o día do concerto desde 2 h antes do inicio do concerto

Venda no despacho de billetes central de praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión