Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de enero de 2024

Luar na Lubre esgota as entradas do seu concerto na Coruña, que marcará o ecuador da programación do ciclo ‘Folk no Colón’

O grupo coruñés, un dos grandes representantes internacionais do folk galego, presentará no Teatro Colón o seu último traballo: ‘Luar na Lubre XX. Encrucillada’. Será este venres 26 (20.30 horas)

Luar na Lubre protagoniza este venres 26 de xaneiro (ás 20.30 horas) o segundo dos concertos incluídos na programación do ciclo 'Folk no Colón', unha iniciativa cultural promovida polo Concello, e coa que o Goberno de Inés Rey amosa a súa aposta por reforzar a posición da Coruña como a cidade de referencia para visibilizar o talento musical das e dos artistas e as agrupacións galegas.

Na súa actuación no Teatro Colón, Luar na Lubre presentará as cancións do seu último traballo: 'Luar na Lubre XX. Encrucillada'. Editado nun formato libro-disco, recolle varios dos temas máis emblemáticos do grupo coruñés, un dos grandes representantes internacionais da música folk galega. Ademais do repertorio musical, o disco recolle unha ampla cronoloxía fotográfica e literaria da historia do grupo, cos testemuños de máis de 60 personalidades da música, a literatura e o xornalismo.

Neste sentido, cómpre destacar que o álbum contén un tema moi especial para a banda galega: é a canción 'El largo Camino de Santiago', que compuxo e gravou o cantautor cubano Pablo Milanés antes do seu falecemento. Trátase dunha das xoias deste vixésimo traballo de Luar na Lubre.

Cómpre lembrar que esta semana xa se esgotaron as últimas entradas dispoñibles de cara á cita, polo que se completará a capacidade prevista no Teatro Colón.

Budiño, seguinte protagonista do ciclo 'Folk no Colón', xa o 24 de febreiro

O ciclo Folk no Colón, presentado o pasado mes de decembro, inclúe seis actuacións, das que xa se realizaron dúas, as de Susana Seivane e Leilía. Tras Luar na Lubre, que marcará o ecuador da programación, será a quenda de Budiño, que o 24 de febreiro, ás 20.30 horas, presentará 'Branca vela', o seu oitavo disco. O artista volverá rachar barreiras da música tradicional galega cun álbum no que mestura percusión tradicional e electrónica. 

Xa o 14 de abril, ás 19.00 horas, actuarán no Teatro Colón Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre para presentar 'Axúdame a sentir', o seu último traballo. O coruñés, que encheu a praza de María Pita coa súa actuación nas festas estivais do 2023, é por méritos propios un dos grandes valores da música galega.

Por último, pecharán o ciclo Folk no Colón Os do fondo da barra, que presentarán 'Bânzô', un traballo discográfico que contén temas tradicionais cun tratamento máis actual. O seu concerto será o 30 de maio, ás 20.30 horas.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión