Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

M.ª Ángeles Freire Pérez

M.ª Ángeles Freire Pérez, voluntaria

A biblioteca Ágora iniciou en 2014 un programa enfocado á formación básica informal para persoas maiores que, por determinadas circunstancias na súa infancia e/ou mocidade, non tiveron acceso á educación formal ou tiveron un acceso moi limitado a ela, na procura de potenciar o acceso á cultura e ao coñecemento, exercitar a memoria, fomentar a socialización das persoas participantes e apoiar a visión dun envellecemento activo sen estereotipos e prexuízos reducionistas.

Hoxe coñecemos un pouco mellor a M.ª Ángeles Freire Pérez, mestra xubilada, que colabora connosco como voluntaria neste programa.

En que programa colaboras?

Alfabetización de persoas adultas, nivel alto

Por que te fixeches voluntaria?

Sobre todo, fíxeno por min mesma. Cando me xubilei sentín que tiña que facer algo relacionado coa miña profesión e así por unha banda servíalles de axuda ás demais persoas e doutra banda sentíame realizada.

Participaches ou participas en accións similares?

Sempre me gustou axudarlle á xente, pero é certo que cando estás en activo e con nenos pequenos é moi difícil, por iso no momento no que tiven máis tempo aproveitei para colaborar en varios ámbitos. En ocasións axúdolles a persoas estranxeiras nos seus trámites ou a persoas maiores simplemente escoitándoas e colaboro co Centro Cívico Novoboandanza dándolles clases de apoio a nenas e nenos de primaria.

Que che achega a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

O voluntariado enriquece as persoas, pero penso que é algo que só experimenta quen o realiza. Persoalmente síntome contenta de poder axudar, pero ao mesmo tempo as nenas e nenos e as alumnas maiores tamén me dan moito a min. Facer voluntariado é un traballo, e como todos os traballos uns días tes ganas e outros menos, pero sempre compensa.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión