Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Día do Libro 2024: Letras que unen, oficios que inspiran e lecturas que transforman.

Baixo o lema "Letras que unen, oficios que inspiran e lecturas que transforman.", as bibliotecas municipais organizan un completo calendario para celebrar o Día do Libro.

Dende o luns 22 ata o sábado 27, a cidade converterase nunha colmea de actividades literarias dirixidas a público de todas as idades.

As Bibliotecas Municipais da Coruña celebramos a Semana do Libro baixo o lema "Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman". Do 22 ao 27 de abril, teremos actividades literarias para todas as idades, desde obradoiros, contacontos, faladoiros e recitais. As persoas que visiten as bibliotecas estes días poderán desfrutar de exposicións bibliográficas e participar nunha solta de libros nos parques o 23 de abril.

Nesta Semana do Libro queremos festexar a riqueza dos libros e a lectura en todas as súas formas, destacar os procesos que forman parte da creación dun libro e os oficios que nel se vinculan, ademais de resaltar e visibilizar a memoria da cidade en relación ao libro e á lectura.

Actividades

Este ano, as nosas actividades centranse en visibilizar os diferentes procesos do libro e os oficios que os rodean. Desde a escritura ata a ilustración, pasando pola impresión, encadernación e narración, haberá talleres, charlas e contacontos para todas as idades.

A continuación, podes atopar unha lista das actividades planificadas:

  • ESCRITA: Obradoiros de Lettering e Escrita Fotográfica.
  • ILUSTRACIÓN: Obradoiros de Ilustración con tecido e fío e Banda Deseñada.
  • IMPRENTA: Obradoiros de Imprenta Creativa e elaboración de Libros en Pop-Up.
  • ENCADERNACIÓN: Obradoiros de encadernación xaponesa e encadernación cartoné.
  • NARRACIÓN: Contacontos e faladoiros sobre a historia da escritura e o libro.
  • HISTORIA: A Coruña, unha cidade de libro
  • RECITAIS: Recital poético con destacados poetas locais.
  • SOLTA DE LIBROS: Únete á "Solta de libros" o martes 23, Día do Libro, e descobre libros variados en parques próximos ás bibliotecas.

Mostras bibliográficas e exposicións nas bibliotecas

As persoas que visiten as bibliotecas poderán mergullarse en exposicións bibliográficas que exploran os distintos procesos relacionados co mundo do libro, desde a escrita e a ilustración ata a impresión e a encadernación dispoñibles de xeito presencial nas bibliotecas. Esta iniciativa busca, non só fomentar a lectura, senón tamén poñer en valor os oficios e mesmo o traballo artesán e o proceso creativo que hai detrás de cada obra.

Historia do libro español

Na Biblioteca Monte Alto poderemos gozar da mostra Historia do libro español, que consiste nunha adaptación da exposición organizada polo Ministerio de Cultura a través da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas. Trátase dunha exposición con 21 paneis que fai un percorrido histórico desde os primeiros manuscritos ata o libro electrónico, pasando por temas como a tipografía, a encadernación, os editores do XIX, o modernismo ou as bibliotecas, entre outros.

Acompañando a mostra expóñense algúns exemplos destes libros da biblioteca de Estudos Locais, como algún título editado pola Imprenta Real, A Dama Nova de Emilia Pardo Bazán con encadernación modernista ou algún título do editor Antonio Sancha do s.XVIII.

Ademais, tamén se expoñen libros actuais sobre estes temas que si se poden levar en préstamo.

O libro en Galicia

Na Biblioteca de Estudos Locais poderemos decubrir a rica historia do mundo editorial galego na nosa nova exposición bibliográfica "O libro en Galicia". Unha auténtica viaxe a través do tempo mentres exploramos a evolución da impresión e a edición na nosa rexión.

A mostra está estructura en dúas partes:

  • Na primeira parte da mostra, titulada "Impresos en Galicia", convidámosche a contemplar exemplares únicos que marcaron fitos na historia do libro na nosa terra. Desde o emblemático "O breviario auriense", considerado un dos primeiros libros impresos en Galicia, ata "Proezas de Galicia", a primeira obra impresa en galego, esta sección ofrece unha visión fascinante dos nosos orixes editoriais. Ademais, poderás admirar os dous primeiros libros impresos na cidade da Coruña, auténticos tesouros que nos conectan co noso pasado mariño e xudicial.
  •  Na segunda parte da exposición, "Editores coruñeses actuais", celebramos a vitalidade e creatividade da escena editorial contemporánea na nosa cidade. Aquí atoparás unha coidada selección de libros publicados por editoriais locais, reflectindo a diversidade de voces e xéneros que enriquecen a nosa comunidade literaria hoxe en día. Desde a poesía até a narrativa, pasando por ensaios e libros infantís, esta sección está aberta para que todos a exploren e descubran novas lecturas.

Buscar en Flickr

Solta de libros

O martes 23 de abril, Día Internacional do Libro, comezará unha solta de libros nos parques próximos a cada biblioteca. Liberaranse lotes de libros identificados, con instrucións claras sobre como participar nesta dinámica. Quen atope estes tesouros literarios poderá leválos para a súa casa, gozalos e despois deixalos de novo en lugares públicos para que outras persoas tamén poidan adentrarse na súa lectura.

¡Anímate a compartir a túa foto co libro liberado usando o hashtag #librolibre e mencionando a @bibcoruna en Instagram ou Twitter.! Únete á celebración do Día do Libro coas bibliotecas municipais e mergúllate no marabilloso mundo da lectura!

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión