Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Alfredo Asensio

Alfredo Asensio, voluntario

A biblioteca Ágora iniciou en 2014 un programa enfocado á formación básica informal para persoas maiores que, por determinadas circunstancias na súa infancia e/ou mocidade, non tiveron acceso á educación formal ou tiveron un acceso moi limitado a ela, na procura potenciar o acceso á cultura e ao coñecemento, exercitar a memoria, fomentar a socialización das persoas participantes e apoiar a visión dun envellecemento activo sen estereotipos e prexuízos reducionistas.

Hoxe coñecemos un pouco mellor a Alfredo Asensio, xubilado, que colabora connosco como voluntario neste programa.

En que programa colaboras?

Nun programa de alfabetización de persoas maiores, consistente en programas de lectura, de memorización e as catro regras básicas de aritmética, impartido en horario de tardes.

Por que te fixeches voluntario?

Por compromiso social, vendo carencias culturais por parte dos estamentos oficiais a un sector tan sensible da sociedade como son as nosas persoas maiores.

Participaches ou participas en accións similares?

Diariamente polas mañás, ensinándolles a nosa lingua a persoas inmigrantes na aula da biblioteca do Ágora.

Que che achega a túa actividade como voluntario nas bibliotecas municipais?

Unha gran satisfacción persoal ao percibir que esta dedicación é recibida con agradecemento e proveito por parte das persoas usuarias. Achéganos un desenvolvemento da empatía, ausente en calquera outra actividade lúdica.

Conseguir todo iso é grazas tamén ás responsables da biblioteca do Ágora, que con entrega e amabilidade nos facilitan esta actividade.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión