Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Saúde e benestar na biblioteca. Acompañando á adolescencia dende a empatía

Cando:

Os días 22/11/2023 ás 17:30 , 29/11/2023 ás 17:30

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/11/2023 ata o 22/11/2023

Require unha única inscrición para as dúas sesións

Horario:

17.30 h

Duración:

6 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Contacto:

Dende o ano 2013 a Biblioteca Castrillón ven de ofertar un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación. Este ciclo de Corazón do Barrio está adicado á saúde e o benestar, temática tratada polo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número tres.

Este curso-obradoiro práctico, lúdico e experiencial, presta especial atención aos avances que se manexan en materia de neurociencia, psicoloxía e pedagoxía.

A formación realizarase desde unha perspectiva de xénero transversal e introduciranse técnicas e dinámicas de mindfulness, comunicación non violenta, coaching e regulación emocional para facilitar un proceso de aprendizaxe rico en experiencias e estímulos. Os contidos adaptaranse ás necesidades do grupo e aos seguintes obxectivos :

1. Achegarnos as características sociais e neurofisiolóxicas do cerebro adolescente.

2. Coñecer os elementos básicos da conciencia e da regulación emocional.

3. Potenciar a práctica da comunicación empática para a prevención dos conflictos.

Impartida pola educadora social Sara Vierna.

Queres saber ...

  • Corazón do barrio

    En que consisten Corazón do barrio?

    Dende ano 2013 a Biblioteca Castrillón oferta un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación.

    Este programa está destinado a toda a veciñanza e ten como liña de traballo principal manternos como "corazón do barrio" que non deixa de latexar e que intenta detectar intereses aos que poder dar resposta.

    Contaremos coa presenza de persoas expertas que nos compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre cada ciclo temático.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión