Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Polavila Xabier P. Docampo: Na memoria

Cando:

05/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Aceso libre ate completar a capacidade.

Horario:

De 20.00 h a 22.00 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Gala Polavila Docampo no Auditorio do Fórum Metropolitano

O próximo 5 de abril ás 20.00 h teremos a Gala Polavila Docampo no Auditorio do Fórum Metropolitano.

Organizado pola Iniciativa Polavila Docampo, Biblioteca Municipal Fórum e a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Colaboran GALIX e Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Estará conducida por Paula Carballeira, Lois Pérez e Isabel Risco.

Contará coa presenza dos membros da Xeración Lamote: Paco Martín, Fina Casalderrey e Xavier Senín.

Escoitaranse os poemas de Mans na voz de Daniel Puente Bello, ao que seguirán as voces das poetas Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Antonio García Teijeiro e Antía Otero.

Lecturas de textos de Xabier por parte dalgunha das súas amizades Francisco Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas e Concha Blanco. Rematará a gala cunha rolda de contos de medo de Lois Pérez, María da Pontragha, Antonio Reigosa e Paula Carballeira.

A música correrá a cargo da cantora Uxía.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión