Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ciclo de concertos: En clave de Á

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

11/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.30 a 20.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#EnClavedeA

Contacto:

Correo electrónico: bagora@coruna.gal

Teléfono: 981 189 886

Achégate a gozar da música en directo na Biblioteca Ágora e aproveita para botarlle un ollo á selección de música!

O ciclo de concertos "En clave de Á" naceu como unha colaboración entre a Asociación de Estudantes do Conservatorio Superior de Música da Coruña e a Biblioteca Ágora para ofrecer a música de solistas e grupos de cámara do CSM nun espazo diferente.

Con esta colaboración queremos dar a oportunidade ao alumnado de que ensaien o seu repertorio con público real e ás nosas usuarias e usuarios de que gocen do espectáculo da música en directo entre libros.

Programa concerto 11 abril

Fula & Friends -composto por Adrián Denis Oliva Rodríguez (tiple), Carlos Manuel Ruiz (guitarra), María Martín (caixa) e Noemí Rodríguez (voz)- interpretan:

  • Isabel
  • Tu luz me deslumbra
  • Smoked timple

Obraggio -composto por André Labraña (acordeón), Nuno Estévez (acordeón), Pablo Díaz (óboe), David de Miguel (batería)- interpretan:

  • Oblivion-Viaggio / Astor Piazzola
  • Autumm in Paris / Frank Marocco
  • Tango pour Claude / Richard Galliano
  • L'estaca / Lluis Llach - arr. Nuno Estévez, André Labraña
  • Tangaria / Richard Galliano

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión