Imaxe tomada do Flickr de Pierre Anquet
Charlas e debates
Persoas adultas
30/10/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 19.00 a 20.30 horas.
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín s/n, 3º. 15002 A Coruña
981184382
Hai outras formas máis sustentables de facer ou de vivir. Descúbreas!
As abellas versus as velutinas.
As abellas son unha das especies máis importantes tanto a nivel do medio ambiente como a nivel humano. Pero os perigos que actualmente sofren están a poñer en serio risco a súa supervivencia. A rápida expansión da velutina, unha especie invasora, ameaza a vida das abellas e por tanto a súa produción apícola e o seu importante papel polinizador.
Tamén se teñen que enfrontar a outros obstáculos: pesticidas, enfermidades, etc. Coñecer esta situación é fundamental para tomar conciencia da mesma. Contaremos con Alejandro Rodríguez, axente Medioambiental.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible