Imaxe extraída da páxina web do Teatro Babaluva
Talleres
Infantil
De 6 a 12 anos
19/05/2016
Xa rematou
Dende o 12/05/2016 ata o 19/05/2016
de 18.30 a 19.30 horas
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 3, 3º. 15002 A Coruña
981184382
Neste obradoiro de poesía e pintura coñecerás o mundo poético de Manuel María e o recrearás cos teus propios debuxos!
O vindeiro 19 de maio, na bibloteca Monte Alto, celebraremos o Día das Letras Galegas dun xeito moi especial. Neste obradoiro, para nenas e nenos de 6 a 12 anos, enmarcado dentro do Programa "Ler conta moito", coñeceremos o mundo poético de Manuel María, veciño do noso barrio, e recrearémolo ó noso xeito nun libro despregable. Experimentaremos a facer debuxos a partir de escoitar as súas poesías e aprenderemos técnicas de debuxo e pintura. Reserva a túa praza canto antes!
Web do Teatro Babaluva: http://www.babaluva.com
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible