Convocatoria da nova tempada de outono do Programa de Lecer que se oferta no Centro Ágora.* Fe de erratas ao final da noticia CONSULTE NO ARQUIVO ADXUNTO A LISTAXE DE OBRADOIROS CON PRAZAS LIBRES. INSCRICIÓN DIRECTA NA CONSERXERÍA DO ÁGORA.
Público en xeral.
Para público en xeral
Dende o 01/09/2015 ata o 30/09/2015
Xa rematou
De outubro a decembro de 2015.
COTA DE INSCRICIÓN: 30 € por obradoiro (maiores de 65: 21 €).
O Programa de lecer que se oferta no Centro Ágora ten por obxecto dar alternativas ao tempo libre dos cidadáns levando a cabo propostas innovadoras con actividades que, por unha banda, fomenten a formación da cidadanía con accións culturalmente enriquecedoras utilizando a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece, incrementando a demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade, e, por último, fomentar a convivencia e a sociabilidade das persoas participantes.
Poden consultar a oferta de obradoiros no arquivo pdf que se adxunta.
Os pasos a dar para poder participar son os seguintes:
- 7, 8 e 9 de setembro --> Preinscrición, que se poderá realizar de dúas formas:
PASOS A SEGUIR NA INSCRICIÓN TELEMÁTICA
1. Descargar o arquivo excel que se adxunta.
2. Cubrir unha ficha por participante e completar unicamente os campos resaltados en amarelo, seguindo as instrucións que se achegan na propia ficha.
3. Unha vez cubertos os campos obrigatorios, GARDAR os cambios antes de pechar o documento. Poñer como nome do arquivo o nome completo do participante preinscrito e envialo por correo electrónico á seguinte dirección: forumocio@coruna.es
Se varias persoas desexan preinscribirse xuntas para obter números correlativos de cara ao sorteo, deberán mandar unha ficha por persoa pero todas xuntas nun único correo, sen esquecerse de achegalas todas.
NOTA: Todas as preinscricións que non estean debidamente cubertas non serán tramitadas, e todos os correos enviados antes ou despois dos días e horas indicados, tamén se considerarán fóra de prazo. Do mesmo xeito, non envíe máis dun correo e dunha ficha por persoa, xa que as solicitudes duplicadas tampouco serán tramitadas.
4. Nun prazo non superior a 24 horas seralles enviado un correo electrónico á conta que vostedes utilicen para contactar connosco, no que se lles comunicará o número de preinscrición adxudicado. Se pasadas esas 24 horas (nunca antes) non recibiron contestación, por favor póñanse en contacto co persoal responsable nos centros. Non borren os correos enviados ante posibles contratempos que se poidan producir co fin de solucionar problemas que poidan xurdir.
- 10 de setembro ás 12:00 h. --> Sorteo, na conserxería do Ágora. NÚMERO DE SORTEO: 518.
- 14 de setembro --> Publicación de listaxes no Ágora, en internet e no 010.
- 14, 15 e 16 de setembro --> Inscrición e pago.
- 17 e 18 de setembro --> Chamarase ás persoas en lista de espera.
- 21 e 22 de setembro --> Formalización da inscrición polas persoas avisadas da lista de espera.
- A partir do 23 de setembro --> Inscrición libre en obradoiros con prazas vacantes.
- Inicio dos obradoiros: a partir do luns 28 de setembro.
*Por un erro na impresión do díptico, o horario do obradoiro de "O CANTO CORAL" non é o que se indica. O horario correcto é: martes de 17:00 a 18:30 horas.
24/05/2024
29/05/2024
31/05/2024
Dende o 04/05/2024 ás 11:00 ata o 01/06/2024 ás 13:00 , os sábados
Realizarase os sábados 4, 11, 18 e 25 de maio e 1 de xuño.
Dende o 27/04/2024 ata o 04/05/2024
Require inscrición.
11/06/2024
12/06/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible