É un sistema de actuación directo no que é a Administración a que leva a cabo as operacións de distribución de beneficios e cargas a través do Proxecto de Reparcelamento, así como a execución das obras de urbanización aínda cando o seu custo corre a cargo das persoas propietarias en función dos dereitos adxudicados; así é pois a Administración municipal quen xestiona a actuación executando a urbanización dos terreos por conta das persoas propietarias que manteñen a titularidade privada deles. O Concello asume por tanto o papel de urbanizador e as persoas propietarias actúan como axentes urbanísticos, ben como simples propietarias ben constituíndo unha asociación administrativa de cooperación.
O sistema aínda que lle outorga protagonismo á Administración pública establécelles unha canle de participación ás persoas particulares, e concédelles a posibilidade ás persoas propietarias que representen o 25% da superficie do polígono para presentar o Proxecto de equidistribución, ou ben constituírse nunha asociación administrativa de propietarios, que terá como finalidade colaborar na execución das obras de urbanización, así como no que demande o municipio.
Documentos que ten que conter un Proxecto de Reparcelamento:
A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Onde se fai?
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible