Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de Ocio Primavera 2015 - Fórum

Convocatoria da nova temporada de primavera do Programa de Ocio que se oferta no Centro Ágora e no Fórum Metropolitano. Nº SORTEO: 450 NO FÓRUM E 720 NO ÁGORA.

A quen vai dirixido?:

Público en xeral

Cando:

Dende o 27/01/2015 ata o 31/01/2015

Xa rematou

Duración:

De febreiro a maio do 2015

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

30 € por taller (maiores de 65: 21 €).

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa de ocio Primavera 2015 (367 KB)

Lista Talleres Fórum Primavera 2015 (226 KB)

O Programa de lecer que se oferta no Centro Ágora e no Fórum Metropolitano ten por obxecto dar alternativas ao tempo libre da cidadanía levando a cabo propostas innovadoras con actividades que, por unha banda, fomenten a formación da cidadanía con accións culturalmente enriquecedoras utilizando a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece, incrementando a demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade, e, por último, fomentar a convivencia e a sociabilidade das persoas participantes.

Proximamente teremos a proposta concreta de actividades, pero adiantamos as datas máis importantes:

23 e 24 de xaneiro --> Preinscrición na conserxería, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h ou por correo electrónico forumocio@coruna.es achegando a "Solicitude de preinscrición" cuberta (IMPORTANTE: unha vez cubertos os datos, arquive a solicitude no seu ordenador antes de enviala).

26 de xaneiro ás 10.00 h --> Sorteo, na conserxería do Fórum

27 de xaneiro--> Publicación de listaxes por talleres

27 e 28 de xaneiro --> Inscrición e aboamento

29 e 30 de xaneiro --> Serán chamadas as persoas en lista de espera

29 a 31 de xaneiro --> Formalización da inscrición polas persoas avisadas da lista de espera

A partir do 2 de febreiro --> Inscrición libre en talleres con prazas vacantes

Inicio dos talleres e dos clubs: a partir do luns 2 de febreiro.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión