Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n)versos

As novas citas mensuais co mellor da poesía galega e do resto do mundo chegarán con autores dende o mar Caribe ata o Báltico nunha ambiciosa programación trimestral.

Cando:

Os días 17/03/2014 ás 20:00 , 13/01/2014 ás 20:00 , 03/02/2014 ás 20:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Libre ata completar capacidade.

Inaugurado a comezos do pasado outubro cun dos máis influentes poetas da China contemporánea, o ciclo POETAS DI(N)VERSOS continua a súa programación que encherá as próximas citas de xaneiro, febreiro e marzo.

Deste xeito, a oferta poética dirixida pola escritora e dinamizadora cultural Yolanda Castaño e promovida pola Concellería de Cultura da Coruña, continúa mostrando algunhas das mellores voces da poesía actual tanto galega como do resto do mundo. E faino sempre en lecturas dobres, abertas e gratuítas, de aproximadamente unha hora de duración, realizadas mes a mes no Auditorio do Centro Ágora e conducidas pola propia Castaño, coma sempre en luns e coma sempre ás 20.30 h.

Os recitais deste novo trimestre comezarán xa o próximo 13 de xaneiro, unha sesión un tanto especial achegará á audiencia, nesta ocasión, un fenómeno que participa do feito poético pero que o leva aos terreos da oralidade, a improvisación e o desafío. Adopta distintos nomes en diferentes latitudes, e coñécese en Galicia como ‘regueifa' e en Cuba como ‘repentismo'. Así, contando con dilatada experiencia nestes campos cada un no seu territorio, o vigués Luis “o Caruncho” e o habaneiro Alexis Díaz-Pimienta farán boa gala das súas elocuencias.

As citas continuarán a razón dunha vez ao mes, reunindo sempre a unha voz en galego xunto a outra estranxeira (acompañada de tradución). Voces femininas no caso do luns 3 de febreiro: a pontevedresa Elvira Riveiro e a finlandesa Merja Virolainen farán que os seus versos cobren carnalidade e dimensión sonora.

Pola súa banda, dende A Estrada e dende Riga chegarán os invitados do luns 17 marzo: Antía Otero e Sergej Timofejev mesturarán diversas linguaxes creativas coas súas obras escritas en galego e en ruso respectivamente.

O ciclo seguirá facendo unha decidida aposta polas librerías de barrio, quen poñerán á venda en cada acto os títulos dos e das protagonistas. Os asistentes poderán levar, así, sinaturas dos autores nos exemplares dos seus libros. Os novos retallos constituirán máis ocasións de establecer entre lectores/as e poetas un contacto directo, humano e cheo de emoción.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión