Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos: Merja Virolainen e Elvira Rivero

Dúas voces femininas, a pontevedresa Elvira Riveiro e a finlandesa Merja Virolainen.

Cando:

03/02/2014 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Documentos:

FOLLETO_DINVERSOS-2013--2.2-.pdf (793 KB)

Merja Virolainen naceu en Lapua (Finlandia) en 1962, e reside hoxe en Helsinqui, onde se desempeña como directora e profesora da escola de escritura Academia Crítica, a mellor do seu xénero en Finlandia. 

Diplomada en Deseño de Moda e licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Helsinqui, Virolainen ten publicados ata hoxe cinco poemarios: Hellyyttäsi taitat gardenian (Por mor da túa tenrura rompes unha gardenia, 1990), Tervapeili (Espello de alcatrán, 1995), Pilvet peittävät sisäänsä pilvet (Nubes abrazan nubes, 2000), Cheiran tyttö, ihanaa! (Son unha moza, que marabilla!, 2003) e Valloittaja (Conquistador, 2012). É autora tamén dunha obra teatral titulada  Täyttymyskomedia (Comedia de cumprimento,1993) así como de Kontaktia halutaan (WLTM [Gustaríame que quedásemos], 2007), unha colección de textos en prosa que inclúe relatos poéticos tanto como poemas en prosa.

É unha das máis importantes poetas da súa xeración en Finlandia, e a súa galardoada obra influíu nas novas fornadas notablemente. Virolainen viaxou ao estranxeiro para recitar os seus poemas ata en quince países, e, ademais dunha antoloxía da súa obra aparecida en Italia no 2004,  poemas seus foron traducidos a máis de quince linguas entre as que se conta o galego (dentro da obra colectiva Con barqueira e remador, do 2013). Traballou como tradutora de poesía, dende o inglés, alemán e sueco. Colaborou en todo tipo de medios escritos con recensións e artigos sobre literatura, e coordinou antoloxías e volumes colectivos. Especializada en poesía, crítica e xénero, de igual maneira desempeña labores de editora, xornalista, ensaísta e crítica, así como de docente de escritura creativa.

 

Elvira Riveiro Tobío naceu en Pontevedra (1971), aínda que actualmente reside en Vigo. Cursou estudos de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago e de Maxisterio na de Vigo. Traballou como profesora de lingua, literatura e cultura galegas na Universidade de Vigo, así como no ensino Primario, Secundaria e para persoas adultas.

A súa actividade pública como escritora iniciouse na internet a partir do ano 2003, pero o seu debut en papel veu da man de Andar ao leu (2005). Seguidamente obtivo o XVII Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) por unha serie de poemas que enseguida verían a luz incluídos en Arxilosa (2005). No 2007 foi finalista do Premio Merlín de literatura infantil co conxunto de poemas monovocálicos Palabras brancas (Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infanto-xuvenil do ano). No 2009 sae Biografía da multitude, II Premio Victoriano Taibo de poesía e escrito a catro mans xunto con Silvia Penas. Os seus dous últimos títulos obtiveron igualmente o seu respectivo galardón: o premio de poesía erótica Illas Sisargas por Carnia Haikai (2012) e o XVII Premio Avelina Valladares por Corpos transitivos (2013). Hai textos soltos dela repartidos por diferentes publicacións periódicas, libros colectivos e numerosas antoloxías. Interesada na poesía experimental e confluente con outras artes, mantivo no portal culturagalega.org unha sección de poesía visual, e actualmente participa no espectáculo poético-musical Tristecentos versos (canda a dj Carina Posse e os poetas Silvia Penas e Xabier Xil Xardón). Ademais, xunto coa artista alemá Carina Posse, fixo incursións na videopoesía, a performance e a acción poética multimedia.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión