Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de marzo de 2015

Actividades socioculturais no novo Centro Cívico Cidade Vella

A Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña informa das actividades socioculturais de abril a xuño no novo Centro Cívico da Cidade Vella, así como dos prazos de solicitude.

O día 28 de marzo abriuse ao público o Centro Cívico Cidade Vella, que está situado no antigo edificio do Goberno militar. Este novo equipamento acolle múltiples actividades socioculturais para toda a poboación, especialmente para as persoas residentes na zona, que levaban longo tempo desexándoo. A dirección deste centro é a mesma que a do Centro Cívico Monte Alto.

O día 13 deste mes darán comezo as actividades relativas ao período correspondente aos meses de abril, maio e xuño. Para acceder ás devanditas actividades o calendario previsto é o seguinte:

  • Inscrición: días 6, 7 e 8 de abril, por rigorosa orde de chegada.
  • Horario de inscrición: 10.00 a 13.30 h e de 16.30 a 20.00 h.

A inscrición formalízase coa presentación, no centro cívico, do documento bancario acreditativo do aboamento do prezo público. Este trámite deberase realizar dentro do prazo e horarios de inscrición. De non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.

Enderezo:

Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Documentos:

C.C. Cidade Vella actividades (164 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión