Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de maio de 2016

A OMIC oferta 160 prazas para a "Escola de Verán 2016"

As solicitudes de preinscrición poderanse realizar vía web ou nas instalacións da OMIC do 13 ao 23 de xuño e os cursos desenvolveranse nos meses de xullo e agosto. As prazas adxudicaranse por sorteo público realizado o 23 de xuño nas instalacións da OMIC

A nova programación educativa para o verán organizada pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) prevista para os meses de xullo e agosto oferta 160 prazas gratuítas para participar no programa educativo "Escola de Verán" destinado a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos de idade.

Temática:

  • Alimentación e consumo
  • Consumo sostible
  • Os menores e o consumo
  • Consumo e publicidade
  • Consumo e Tics

Preinscrición:

Do 13 de xuño ao 23 de xuño de 2016:

  1. Presencial: nas instalacións da OMIC en horario de atención ao público.

  2. Telemática a través da páxina web www.coruna.es/omic, desde as 08.00 horas do día 13 ás 13.30 horas do día 23.

Todas as preinscriciones telemáticas que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.

Sorteo público:

As prazas adxudicaranse por sorteo que se realizará o día 23 de xuño ás 14.00 horas, nas instalacións da OMIC, onde se extraerán catro letras unha para cada quenda.

Corresponde praza dende o primeiro apelido da letra do sorteo por orde alfabética, dando a volta ao alfabeto (da letra Z pásase ao A), se fose necesario, ata completar as prazas de cada grupo dentro de cada quenda.

As prazas ofertadas en cada grupo e quenda adxudicaranse pola orde resultante.

O 27 de xuño na web da OMIC www.coruna.es/omic, e nas instalacións da OMIC, farase pública a lista das persoas admitidas en cada quenda. Se a persoa solicitante non está na lista de admitidos, estará na lista de espera. Se quedasen prazas vacantes, despois da inscrición das persoas admitidas chamarase ás reservas pola orde correspondente.

O cumprimento dos datos restantes, para as persoas que obteñan praza, realizarase o primeiro día da actividade correspondente a cada quenda.

Participantes:

  • Prazas: 20 por grupo
  • Grupos: 2 por quenda
  • Quendas: 4
    • Do 1 ao 14 de xullo
    • Do 15 ao 29 de xullo
    • Do 1 ao 12 de agosto
    • Do 16 ao 29 de agosto

As nenas e nenos solicitantes deben estar empadroados no Concello da Coruña e ter entre 4 e 10 anos de idade. Só se admitirá un participante por quenda, e só poderán acceder a outra quenda se quedasen prazas vacantes.

Só se admitirán nenas e nenos doutros concellos se quedasen prazas vacantes.

Horario das actividades:

De 9.30 a 13.30 h

Actividades:

  • Alimentación saudable (A pirámide da alimentación)
  • O xogo da comunicación. Construíndo os nosos teléfonos móbiles
  • Construíndo a miña historia nunha sociedade de consumo
  • Reciclaxe e papiroflexia
  • Construíndo xoguetes (desenchufados)
  • Xogar sen xoguetes (desenchufados)
  • A nosa cidade máis habitable e saudable
  • Publicidade (anuncios, publicidade enganosa
  • Internet consellos na rede (vantaxes e desvantaxes)
  • Etiquetando
  • Hábitos de alimentación saudable
  • Xogando a ser xornalista
  • Debuxando un mundo mellor e máis sostible
  • Visita ao mercado

Para máis información poden contactar co 981189820 ou acudir ás nosas instalacións na Costa da Palloza, 8.

Documentos:

Cartel Escola de Verán (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión