22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. O certame, que alcanza en 2024 a súa trixésima sétima convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares, Libro editado e, con motivo do 25 aniversario do Aquarium Finisterrae, inclúese nesta convocatoria unha nova modalidade, a de Proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos. Ademais, concederase un Prisma Especial do Xurado a persoas ou institucións que se significaron pola súa especial contribución á divulgación científica.
Todas as modalidades, agás a de Libro editado e a de Prisma Especial do Xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros. Para participar nesta XXXVII Convocatoria dos Prismas á Divulgación deben presentarse os traballos e candidaturas antes do 3 de xuño, cumprindo as condicións requiridas en cada unha das modalidades recollidas nas bases, e que se poden consultar aquí.
Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 16 de novembro de 2024.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible