Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XV Premio de Gravado Atlante

A Fundación Museo das Artes do Gravado convoca o XV Premio Atlante de Gravado do Museo de Artes do gravado á Estampa dixital.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/05/2024

Requisitos:

  • Poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas gráficas, incluídas os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista.
  • Admitiranse como máximo dúas obras por autor. O tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm. O artista poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para estampar os orixinais.
  • Os gravados serán inéditos e sen ser editados nin numerados. 
  • Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos á Fundación Museo das Artes do Gravado.

Remuneración / Dotación:

  • Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €.
  • 3 premios dotados con 2.500 € cada un.
  • 1 Premio especial Pedras de Santiago de 2.000 €, para unha/un artista nada/o ou residente en Galicia. 
  • 1 premio especial Manuel Ayaso para artistas menores de 25 anos na data da convocatoria do premio, de 2.000 €.

Páxina web:

fundartes.gal

Contacto:

Fundación Museo das Artes do Gravado

Lugar de Outeiro s/n - Artes

15969 - Ribeira (A Coruña)

Tel: 981 871 342

Mail: premioatlante@fundartes.gal

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión