33 resultados
Os días 02/05/2024, 16/05/2024, 11/06/2024
As Bibliotecas Municipais organizan un novo ciclo de actividades enmarcadas dentro do programa de encontros participativos Biblioteca Verde. Baixo o título "Naturaliza o teu barrio", exploraranse diversos aspectos vinculados ao coñecemento e aproveitamento da contorna natural na Coruña.
04/05/2024
A AMI (Agrupación de Montañeiros Independentes) organiza, no rocódromo de Riazor, un bautismo de escalada.
Dende o 02/05/2024 ata o 30/05/2024
A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de maio na aula CeMIT Eirís.
Dende o 06/05/2024 ata o 16/06/2024
A UNED Coruña organiza un curso de nocións básicas do funcionamento do software para presentacións, especialmente Microsoft PowerPoint. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
Dende o 04/05/2024 ata o 26/05/2024
A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.
Dende o 20/05/2024 ata o 15/07/2024
Ata o 05/05/2024
Xa está aberto o prazo de inscrición dos cursos de verán no Centro de Linguas da UDC, campus da Coruña e formación en liña. Teñen programados módulos de francés, inglés e italiano.
Dende o 22/04/2024 ata o 27/04/2024
Baixo o lema "Letras que unen, oficios que inspiran e lecturas que transforman.", as Bibliotecas Municipais organizan un completo programa para celebrar o Día do Libro, polo que dende o luns 22 ata o sábado 27 de abril a cidade converterase nunha colmea de actividades literarias dirixidas a público de todas as idades.
Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de abril de 2024, elaborada arredor da colección do museo e en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
Dende o 15/04/2024 ata o 29/04/2024, os luns
Neste obradoiro, organizado por Espazo Diverso, con Sonia Martínez (psicóloga e sexóloga), enfocarase en comprender os estilos de apego e como inflúen na nosa experiencia en parella. abordaranse algúns conflitos frecuentes e proporcionará ferramentas para resolver dificultades e enriquecer a relación.
Dende o 06/05/2024 ata o 08/07/2024
O CPR Tomás Barros abre o prazo de inscrición para un curso de iniciación á lingua de signos española que se impartirá os luns de maio a xullo en horario de mañá e tarde.
resultados 33
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible