Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XV Certame de artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"

A Deputación da Coruña convoca o Certame "Antonio Fraguas Fraguas" de artesanía. Establécense dúas modalidades: Artesanía tradicional e artesanía contemporánea.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 20/05/2024

Requisitos:

  • Poderán participar todas as artesás e todos os artesáns que traballen no campo da artesanía galega tradicional ou contemporánea, tanto a título particular como en agrupacións de varios autores, colectivos, asociacións, etcétera, e que non fosen premiados neste certame nos catro anos anteriores a éste.
  • Na modalidade de artesanía tradicional poderán ser presentadas candidaturas ao premio por parte doutras persoas, colectivos ou entidades que non sexan as persoas autoras das pezas. Neste caso, a venda delas ficará condicionada á autorización da persoa responsable da súa autoría.
  • Cada persoa artesá ou colectivo poderá concorrer ao certame cun máximo de tres pezas, e poderán ser considerados como unha peza os conxuntos que, estando formados por varias, constitúan unha única unidade.
  • A autoría das obras e a súa autencidade xustificarase mediante unha declaración responsable manifestando ser a persoa autora e titular de todos os dereitos.

Remuneración / Dotación:

  • 6.500 € para cada modalidade.

Páxina web:

dacoruna.gal

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Avenida Porto da Coruña, 2

15003 - A Coruña

Tfno: 981 080 319

Email: cultura@dacoruna.gal

Publicación: BOP 27/02/2024

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión