Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Xardín suspenso

Unha produción do Centro Dramático Galego cunha obra de Abel Neves.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/05/2015 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

21 horas.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Ata onde pode levar a fidelidade? Lucía, nova arquitecta, non desiste da súa fidelidade. Concibiu un xardín despexado, composto tan só por area fina ben alisada e unhas poucas pedras, no antigo horto da casa dos seus pais, o fogar que abandonou en tres ocasións e ao que regresou sempre a petición de Mateo, o seu amor imposible e con quen, sen ser o seu irmán de sangue, creceu dende a infancia. É a el a quen Lucía lle dedica este xardín zen que a familia se dispón a inaugurar cando Mateo anuncia que se vai casar con outra muller, Paula.

A partir dese momento, Lucía deixa para comer; decide abandonarse disolvéndose na vida por inacción. Nunha espiral de dor, deixamento e baleiro, cérrase aos outros. Ignorando os seus sentimentos, a familia intenta comprender o enigma. Mariana, a avoa, resolveu o misterio dende moi pronto. Coa sabedoría propia da idade, aconséllalle ao fillo: "Se oímos ben, respiramos mellor". Pero na casa, ninguén a escoita. Pero a vida continúa e o xardín... suspenso.

Con César Cambeiro, Melania Cruz, Rocío González, Luisa Merelas, Santi Romay, Ana Santos.

Baixo a dirección de Cándido Pazó.

Compañía: Centro Dramático Galego.

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9 a 21 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión