Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Teresa: Ora á alma

Este proxecto artístico de danza foi deseñado polo coreógrafo Chevi Muraday.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/12/2015 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

13'00 euros (carné xoven, + 65 anos, desempregados, -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

É unha proposta única e reveladora que mostra a través da linguaxe da danza contemporánea os conceptos esenciais que axudan a achegarse ao personaxe de Santa Teresa de Jesús: acción, loita, misticismo e amor desmedido.

Trátase dun espectáculo inédito que durante o ano 2015 percorrerá os principais teatros de España con motivo do V Centenario do Nacemento de Santa Teresa de Jesús.

O real e o imaxinario, a paixón e a determinación por transformar a realidade son puntos comúns dunha posta en escena que pretende tratar a espiritualidade coas inquietudes do espectador do noso tempo.

Proxecto de Chevi Muraday en colaboración coa Fundación V Centenario do Nacemento de Santa Teresa de Jesús e a Obra Social "La Caixa".

Intérpretes: Silvia Martí, Victor Ullate, Carmen Angulo, Manuela Barrero, Verónica Ronda, Paloma Sainz-Ajá.

Venda de entradas

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9 a 21 h.

Televenda: 902 504 500

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión