Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Sociedade Filarmónica: Quinteto I Solisti Dell'Opera Italiana

Primeiro concerto da Tempada de Outono da Sociedade Filarmónica da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/10/2015 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20 horas.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

15'00 euros (menores de 25 anos, 5'00 euros).

Televenda:

Ataquilla.com

Os compoñentes de I Solisti dell'Opera Italiana foron elixidos entre os mellores músicos italianos e de toda Europa; algúns deles xa figuraron como primeiros atrís na Orquestra do Teatro Regio di Parma.

Este conxunto anteriormente coñecido como os Solisti do Teatro Regio di Parma, preséntase agora como Solisti dell'Opera Italiana para unir ao repertorio clásico de formacións características toda unha serie de pezas instrumentais, romanzas, música de salón e divertimentos do século XIX sobre temas extraídos do repertorio operístico. Foi nesta época cando a paixón pola ópera fixo que os especialistas no campo das transcricións producisen adaptacións para diferentes tipos de agrupacións musicais tanto de arias como de melodías soadas, extraídas das obras de Mozart, Rossini, Verdi, Donizetti ou Puccini, entre outros.

PROGRAMA

I PARTE - GIUSEPPE VERDI

  • A Forza do Destino (Fantasía).
  • Rigoletto (Variacións do concerto).
  • Aida (Fantasía).
  • Otello (Bailables).

II PARTE

  • Luisa Miller (Fantasía).
  • Traviata (Fantasía de concerto).
  • I Vespri Siciliani (Sinfonía).

*Venda de entradas a partir do día 19 de outubro.

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 h.

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9.00 a 21.00 h.

Televenda: 902 504 500.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión