Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Proceso de selección para o ingreso nos centros docentes militares de formación para incorporarse ás escalas de tropa e mariñeiría

O Ministerio de Defensa convoca o proceso de selección para cubrir as prazas para o acceso de persoal nacional e estranxeiro á condición de militar de tropa e mariñeiría. Ofértanse 3.976 prazas, correspondentes ao ciclo de selección número 1. Do total destas prazas, as persoas estranxeiras poderán optar a 85 do ciclo 1.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

  • ciclo de selección 1: do 01/02/2024 ao 20/02/2024
  • ciclo de selección 2: do 07/06/2024 ao 27/06/2024

Requisitos:

  • Nacionalidade española ou dalgún dos países que figuran recollidos na convocatoria.
  • Cumprir os 18 anos de idade e non cumprir os 29.
  • Carecer de antecedentes penais, e non ter aberto en calidade de procesado, imputado, investigado ou procesado ningún procedemento xudicial por delito doloso.
  • Non estar privado dos dereitos civís.
  • Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais, ou dos órganos estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.
  • Posuír a aptitude psicofísica necesaria.
  • Carecer de insercións ou tatuaxes que poidan ser contrarios aos valores constitucionais ou atentar contra a imaxe das Forzas Armadas.
  • Estar en posesión, como mínimo, do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou os seus equivalentes.
  • Condicións xerais para solicitantes estranxeiros:
    • Ter en vigor a Tarxeta de residencia temporal ou de longa duración en España, ou a Tarxeta de familiar de residente comunitario, como mínimo, ata a data prevista para a súa incorporación ao centro de formación correspondente.
    • Ostentar a maioría de idade con arranxo ao disposto na súa lei nacional.
    • Non figurar como rexeitables no espazo territorial de países cos que España asinase un convenio en tal sentido.
    • Non perder a nacionalidade de orixe ao entrar ao servizo das Forzas Armadas españolas nin ter prohibición de alistamiento militar nas mesmas.
    • Carecer de antecedentes penais en España ou nos seus países anteriores de residencia por delitos existentes no ordenamento xurídico español.
  • A participación nalgún dos ciclos do proceso de selección, iniciarase coa aceptación da solicitude de cita previa para a realización das probas. A cita previa realizarase a través da páxina web do Ministerio de Defensa.

Páxina web:

https://recrutamento.defensa.gob.es/

Contacto:

Área de Recrutamento con Centro de Selección

Avenida do Porto da Coruña, 15 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 12 68 13 - 981 12 68 14

correo-e: reclutamientocoruna@oc.mde.es

Servizo telefónico de información e apoio ao recrutamento: 902 43 21 00 - 913 08 97 98.

Publicación: BOE 31/01/2024

Proceso de selección, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso de persoas nacionais e estranxeiras nos centros docentes militares de formación para a adquisición da condición de militar de tropa e mariñeiría do Exército de Terra, da Armada e do Exército do Aire e do Espazo. O proceso de selección levarase a cabo ao longo do ano 2024 mediante o establecemento de dous ciclos de selección.

Prazos de solicitude de cita previa:

Ciclo de selección Inicio do prazo Fin do prazo
Primeiro 1 de febreiro de 2024 20 de febreiro de 2024
Segundo 7 de xuño de 2024 27 de xuño de 2024

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión