“Obstetra, que cuida”, de Carla Souto (A Coruña 1994), mostra o resultado dun proxecto que pon en diálogo o propio corpo e un territorio natural específico. Trátase unha investigación vivencial e persoal que, a partir da observación da paisaxe, explora a capacidade de coidado da natureza, preguntándose acerca das tensións entre asuntos como o espazo interior, a parte exterior do corpo, a contorna privada ou a cuestión do íntimo.
Para público en xeral
Dende o 07/09/2017 ata o 30/09/2017
A exposición inaugurarase o 7 de setembro ás 19:30 horas.Xa rematou
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde.
Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1
15006 - A Coruña
Tfno: 981 184 294
O conxunto de pezas e o despregamento instalativo que nos propón Obstetra, é o resultado dun traballo levado a cabo o pasado marzo nos arredores de Sesimbra, unha pequena vila situada no Cabo Espichel.
Nesta exposición, a artista reflexiona sobre que supón as concepcións de interior e exterior, xoga entre a dimensión física do espazo e a intimidade persoal, toma in situ decisións habitacionales que pon en crises un repertorio de binomios instalados culturalmente, dialécticas de dentro-fose asociadas ao momento no que individuo se insere na contorna..
A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible