Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024-2025 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 19/03/2024 ata o 10/05/2024

ás 15.00 h. (hora peninsular).

Requisitos:

  • Poderán solicitar as bolsas estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar (situación económica da unidade familiar no exercicio 2023).
  • Cumprir uns determinados requisitos de aproveitamento académico.
  • Cursar algunhas das seguintes ensinanzas:  
    • Eninanzas postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:
      • Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
      • Ciclos de Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluidos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
      • Ensinanzas artísticas profesionais.
      • Ensinanzas deportivas.
      • Ensinanzas artísticas superiores.
      • Estudos relixiosos superiores.
      • Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia.  
      • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de formación profesional.
      • Ciclos Formativos de Grao Básico.
    • Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional:
      • Ensinanzas universitarias conducentes a títulos oficiais de grao e de mestrado, incluídos os estudos de grao e mestrado cursados nos centros universitarios da defensa e da Garda Civil, así como os cursados no Centro Universitario de Formación da Policía Nacional, O.A.
      • Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
      • Complementos de formación para acceso ou obtención do título de mestrado e créditos complementarios para a obtención do título de grao.
      • Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutorado, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.
  • Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título oficial do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para los que se solicita a bolsa a data 30 de setembro de 2024.
  • A solicitude deberase cumplimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Remuneración / Dotación:

  • Contías fixas.
    • Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A cuantía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se teña matriculado o estudante por primeira vez no curso 2024-2025.
    • Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
    • Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 2.500,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios
    • Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
    • Bolsa básica para estudantes non universitarios: 300,00 euros. No caso dos bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.
    • Contías adicionais para bolseiros con domicilio familiar na España insular, Ceuta e Melilla e para os estudantes universitarios con discapacidade.
  • Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.

Páxina web:

www.becaseducacion.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Teléfono Oficina de Atención ao Cidadán: 910 837 937 / 060

Unidades de bolsas

Publicación:

BOE 28/02/2024 Real Decreto 201/2024, de 27 de febreiro, polo que se establecen os umbrais de renta e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025.

BOE 08/03/2024 Correción de erros do Real Decreto 201/2024, de 27 de febreiro, polo que se establecen os umbrais de renta e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025.

BOE 15/03/2024 Extracto da Resolución de 13 de marzo de 2024 da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024-2025 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 749075 (convocatoria)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión