De Laila Ripoll baixo a dirección de Etelvino Vázquez
Para público en xeral
Dende o 18/11/2016 ata o 19/11/2016
Xa rematou
20.30 h
70 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
*Venda de entradas soltas a partir do 12 de setembro
En Unhas poucas picadelas, a autora profunda no terreo da violencia de xénero e, de maneira máis concreta, na violencia que exercen os homes sobre as mulleres: violencia machista. A orixinalidade da súa proposta radica en que non hai unha historia concreta ou, mellor dito, a aparente falta de historia, de narración, parece convidarnos a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asasinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas. É unha obra de imaxes contemporáneas de ánimas en pena, algunhas iluminadas polos medios de comunicación, pero a maioría, escondidas pola escuridade do anonimato.
O detonante da peza é un recorte dun xornal que narra a noticia do que foi un asasinato dunha muller por parte da súa parella, ou como se lle queira chamar a este tipo de homes. Isto deu lugar a un cadro homónimo de Frida Khalo de 1935, no que se ve unha muller tendida sobre unha cama co corpo perforado polo coitelo dun home que mira para ela. Destila o título a idea de que "non foi para tanto", vaia, que non foron máis que unhas poucas coiteladas...
Curioso, pero real. Parece que a culpa de morrer é de quen morre...
A partir dese elemento que pode parecer anecdótico, pero que non o é, a autora propón unha reflexión directa e intelixente sobre a cuestión, metendo o dedo na chaga de moitos dos tópicos que, por desgraza, seguen a amparar, ou, moitas veces a ignorar, este tipo de comportamentos violentos.
Con: Sonia Rua, Lois Soaxe
Voz: Pepa Barreiro
Dirección: Etelvino Vázquez
Compañía: Teatro de Ningures
Venda de entradas
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226 e Internet
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible