Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ciclo Principal: Perplexo

Cres que sabes perfectamente quen es. Cres que sabes quen son as persoas que están ao teu lado. A túa parella. Ti confórmaste coa túa propia realidade. Cres que tes CERTEZAS. Pero as certezas neste mundo son case unha utopía.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 30/10/2015 ás 20:30 , 31/10/2015 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné novo, +65 anos, desempregados, -20%, previa presentación do documento que acredite o devandito desconto).

*Venda de entradas soltas a partir do 7 de setembro.

Televenda:

Ataquilla.com

Unha obra de Marius von Mayenburg.

Laura e Fernando volven a casa despois das vacacións, pero ao pouco de entrar perciben nela pequenos e estraños cambios: unha nova planta na cociña, o seu gato non está por ningunha parte e a luz está cortada por falta de pago, aínda que uns amigos quedaron ao coidado das cousas na súa ausencia.

Cando esta nova parella aparece en escena, a situación dá un xiro, pois parece que eles son os verdadeiros e lexítimos propietarios da vivenda. A perplexidade de Laura e Fernando ante a nova situación transfórmase en aceptación, acabando por marchar da casa... De quen é a vivenda en realidade? Quen son realmente eles? Tiveron algunha vez gato? Cando Laura e Fernando volven aparecer na casa, fano baixo o rol do fillo e da au-pair da outra parella. A partir dese momento sucederase un continuo xogo de intercambio de roles.

Con Melania Cruz, Fran Lareu, Fernando González, Laura Míguez.

Dirección: Tito Asorey.

Compañía: Il Maquinario Teatro.

Duración: 90 minutos.

Venda de entradas:

Despacho central de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 h.

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9.00 a 21.00 h.

Televenda: 902 504 500.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión