Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ciclo Principal: Pequenas certezas

Unha historia de cruzamentos, suspense e hilarante humor. Texto: Premio María Teresa de León.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 20/11/2015 ás 20:30 , 21/11/2015 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, +65 anos, desempregados, -20%, previa presentación do documento que acredite o devandito desconto).

*Venda de entradas soltas a partir do 7 de setembro.

Televenda:

Ataquilla.com

O punto de partida roza o policial e remove os cimentos dunha presa de vidas para chegar a un desenlace inesperado.

A fotógrafa Natalia inicia unha relación amorosa con Mario, que vive noutra cidade. Os dous planean viaxar a un lugar afastado onde poderán comezar unha nova vida. Cando Mario regresa á súa casa a pola maleta, enfróntase co seu irmán maior, Xoán, quen o descobre nunha fraude e recrimínalle a súa conduta. Discuten. Mario sae da súa casa e esa é a última vez que o ve, porque desaparece de modo inexplicable. Natalia, embarazada de Mario, dúbida se abortar e visita unha clínica xunto con Olga, a súa amiga. Decide ir buscar a Mario acompañada da súa nai. Esta ausencia será o detonante que permitirá deseñar a identidade de cada un dos personaxes. Cando Natalia chega á casa onde vivía Mario, atópase cos seus irmáns: Xoán e Sofía, que actúan á defensiva con ela, debido a que é a única beneficiaria da fraude que cometeu Mario, ao hipotecar a súa casa. Ante a persistencia da dor que os embarga, a nai de Natalia atopa a maneira de resolver os problemas da familia: failles saber que só poderán sobrevivir diante da certeza de que poden asirse ás pequenas convicións cotiás que a vida lles dá.

De ritmo áxil, intelixente e sostido.

Ademais dos temas: o amor, a orfandade, a adopción, o aborto, o que máis interese provoca son os personaxes que loitan pola vida dunha maneira fresca, humana e intrigante.

Con Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Sabela Gago, Fina Calleja.

Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda.

Autora: Bárbara Colio.

Compañía: Sarabela Teatro.

Duración: 90 minutos.

Venda de entradas:

Despacho central de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 h.

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9.00 a 21.00 h.

Televenda: 902 504 500.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión