Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ciclo Principal: O Testamento de María

Con Blanca Portillo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/11/2015 ata o 07/11/2015

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 06/11/2015 ata o 07/11/2015

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xoven, +65 anos, desempregados, -20%, previa presentación do documento que acredite o devandito desconto).

*Venda de entradas soltas a partir do 7 de setembro.

Televenda:

Ataquilla.com

As nosas raíces son católicas. Educados no seo dunha cultura cristiá, convivimos a cotío cunha chea de símbolos relixiosos. Colm Toibin puxo o foco nun deles: a Virxe María. E descúbrenos que detrás desa icona da Virxe hai un ser humano: María de Nazaret. Unha sinxela muller de campo, cuxo único fillo lle é arrebatado por unha decisión divina que non comprende e por un terrible odio humano que lle inflixe a maior das dores ao cravalo nunha cruz.

O texto de Coibin chéganos coa voz e figura de Blanca Portillo. Nesta actriz descansa a parte primordial do traballo. É un monólogo complexo e con moitos matices. A emoción en estado puro, sen artificios, é o que debe prevalecer, eliminando todo o que nos separa dese sentimento enfebrecido.

A escenografía de Frederic Amat convirte o exilio, na súa casa de Éfeso, nunha especie de habitación-retablo da memoria. Nela o noso personaxe, xa na vellez, revive momentos da súa vida. Fermosos algúns, terribles outros. E recréaos coma se nas súas solitarias e longas noites, lles dese forma a esas pantasmas do pasado e con eles descóbresenos a muller que realmente é, non a que toda a humanidade quixo facer dela.

Con Blanca Portillo.

Dirección: Agustí Villaronga.

Autor: Colm Tòibín.

En coprodución con Centro Dramático Nacional, Festival Grec e Avance Producciones Teatrales.

Duración: 65 minutos.

Venda de entradas:

Despacho central de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 h. e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función, de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos de 9.00 a 21.00 h.

Televenda: 902 504 500.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión