Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ciclo Principal: La gloria de mi mare

Unha homenaxe á nai da artista. A todas as nais. A todas as artistas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/10/2015 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%, previa presentación do documento que acredite devandito desconto).

*Venda de entradas soltas a partir do 7 de setembro.

Televenda:

Ataquilla.com

Gloria é a nai dunha bailaora que comeza a despuntar no mundo do flamenco. Debido á súa temperá e inesperada maternidade e á época na que lle tocou vivir, Gloria non puido adicarse ao mundo do espectáculo como ela desexaba; pero agora, na súa madurez, goza acompañando e axudando á súa filla, protexéndoa e aconsellándoa... E en definitiva, proxectando nela todos os seus soños e ilusións, e dando lugar a disparatados enredos nos que se porán de manifesto moitas das típicas situacións entre unha artista e a súa nai.

Este espectáculo inspírase na cultura do café-cantante e do teatro de variedades; mesturando o humor, o cante e baile flamenco máis tradicional, a copla, a ironía e como non, a improvisación.

*Premios Escenarios de Sevilla 2011: MELLOR ESPECTÁCULO.

*Premios Escenarios de Sevilla 2011: MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE TEATRO A JUANJO MACÍAS.

*Festival de Teatro de Chiclana (Cádiz) 2011: PREMIO DO PÚBLICO.

Con Asunción Pérez "Choni", Juanjo Macías, Alicia Acuña, Raúl Cantizano.

Dirección: Estrella Távora.

Colaboración coreográfica: Manuel Cañadas.

Un proxecto de Choni Cía. Flamenca.

Duración: 120 minutos.

Venda de entradas:

Despacho central de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 h. e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 h.

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9.00 a 21.00 h.

Televenda: 902 504 500.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión