Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bye, Bye Honey

Un musical de clase baixa

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/06/2016 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

Bye, Bye Honey é un espectáculo de teatro musical de clase baixa, denominado así pola contorna social na que se desenvolve a historia.

Conta a historia de Marta, unha moza de barrio, que non é un anxo nin un demo, e que cando decide deixar a súa casa e á súa familia emprende un camiño incerto e perigoso, rodeada por todas partes de Lumpen, pachanga e rock 'n roll.

Está ambientado nun barrio urbano de periferia dunha cidade galega, aínda que podería ser calquera cidade do mundo, no que chocan diariamente dúas forzas opostas, por unha banda a falta de expectativas de futuro e por outro o espírito de supervivencia.

Bye, Bye Honey utiliza unha linguaxe directa, contundente e sen artificios, tanto no que respecta aos diálogos dos personaxes, como na posta en escena e na música que utiliza.

As cancións interpretadas en directo son a constante que acompañará a historia e os personaxes.

Autor e director: Jose Prieto.

Intérpretes: Iolanda Muíños, César Goldi, Carlos Mosquera Mos.

Composición musical: Carlos Mosquera Mos

Músicos: Ramón Orencio, Fran Facal, Chechu Mosquera

Compañía: Obras Públicas

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h. Temporalmente situada no Teatro Rosalía no mesmo horario.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h

Venda telefónica: 902 044 226

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión