A Feira do Libro, que chega á súa 44ª edición sendo unha das principais de Galicia e do Estado, congregará en Méndez Núñez a máis de 150 escritores do país.
Para público en xeral
Dende o 01/08/2015 ata o 10/08/2015
Xa rematou
10 días
Xardíns de Méndez Nuñez . Xardíns de Mendez Núñez s/n. 15006 A Coruña
Libre e gratuíta.
A Feira levará as letras por 96 actividades, entre coloquios, presentacións e firmas, e acollerá a futuros lectores, os nenos, nunha carpa chea de lecer no que as historias terán patas e bailarán ao son da música e a tradición oral.
A actividade comezará o sábado ás 12.00 h despois dun acto inaugural, no que tocará a Banda Municipal como a primeira das colaboracións do Concello e no que a escritora Mercedes Queixas lerá un pregón, interpretado en linguaxe de signos como o resto das intervencións que terán lugar nos xardíns.
Tratarase tamén de fomentar o hábito de ler e haberá un desconto do 10%, ademais dun sorteo diario dun lote de libros e unha estancia en Caldaria na xornada do sábado.
Ao longo destes dez días visitarán as casetas da Feira do Libro Novo destacados autores do panorama galego e nacional, como César Antonio Molina e Luis Anguita Juega (día 1, 19.00h); Jimena Manzano (día 2, 13.00 h); Fran P.Lorenzo (día 2, 21.15 h); Ledicia Costas (día 3, 20.00 h ); Manuel Rivas (día 4, 20.30 h ); Fernando González, Gonzo (día 9, 19.45 h).
Actividades relacionadas
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible