Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

19.ª edición: Durme no Fórum

NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO: 209

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024

Inscricións:

Calendario e proceso de inscrición:

Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

* Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureir@s que participarán co mesmo número de sorteo.

** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.

Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.

Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.

Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.

Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.

Horario:

Horario da actividade:

Recepción das/dos participantes: ás 19.00 h do sábado 4 de maio, no Auditorio do Fórum Metropolitano.

Recollida: o domingo 5 de maio, ás 13.00 h, na entrada principal do Fórum Metropolitano (organizados por colexios).

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Número de prazas:

As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubrise un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.

Prezo:

Cota: 25 € por participante.

Inclúe: a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais para as actividades.

Aboamento: do 12 de abril ata o 15 de abril antes das 10.00 h

Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a listaxe da agarda.

Pago da cota:

Con data tope o luns 15 de abril (ata ás 10.00 da mañá) terán que facer o ingreso da cota, por transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977 (ABANCA). E enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as e co título "Durme no Fórum".

Non se farán devolucións, agás que se cubra a praza con outro/a solicitante da listaxe de agarda.

Requisitos:

Requisitos para participar na actividade:

  • Nenas e nenos de entre 6 e 11 anos, nados entre o 2012 e o 2017, que estean a cursar E. primaria.
  • Pagar a cota de inscrición no prazo establecido.
  • Os/as participantes teñen que ter autonomía persoal, xa que esta actividade non conta con persoal de apoio para necesidades especiais.

Os/as participantes inscritos deberán asistir con:

  • Roupa e calzado moi cómodos, preferiblemente roupa deportiva. Ademais dunha muda polo que poida suceder (braga/calzón, calcetíns, camiseta e pantalón ou malla).
  • Unha botella de auga para encher.
  • Artigos de aseo persoal.
  • Un saco de durmir.
  • Opcionalmente, unha esteira (se non é posible, o Fórum dispón de esteiras e un tatami).

Misión Fórum: Rescate imposible. 

Se queres pasalo ben...

... atrévete a internarte nunha aventura sen fin, chea de sorpresas, onde todo é posible.

Moitas son as sorpresas que nos deparará esta Misión Fórum, na que pasaredes unha boa chea de misións para tratar de facer varios rescates imposibles.

Personaxes, lugares insólitos, aventuras, intrigas... estarán no Fórum para facer desa noite unha xornada divertida e única.

Pero ollo!, as cousas non son o que semellan!

Se tes o espírito aventureiro e queres vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece...

Explora os recunchos do Fórum para atopar, descubrir e vivir as innumerables misións que o noso persoal educador che vai propoñer, dunha forma totalmente distinta e disparatada. 

Demostra o teu valor realizando as probas máis intrépidas e aloucadas, endexamais vividas.

Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.

Pinche aquí para acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Listaxe de preinscrición Durme no Forum

Documentos relacionados

  • Listaxe de preinscrición Durme no Forum (515 KB)
  • Listaxe de persoas adxudicadas no Durme no Fórum (525 KB)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión